O CEIP Castrelo do Val, gañador do concurso do cartel ‘Desfile Infantil’ |
Luns, 07 Xaneiro 2013 11:40 |
A Delegación Municipal de Festexos do Concello de Verín promoveu, por sexto ano consecutivo, un concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile Infantil”. Nesta edición participaron o CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España, Colexio María Inmaculada, CEIP Castrelo do Val, Colexio Rural Agrupado Monterrei e CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós. Cada un deles estivo representado por un máximo de tres traballos inéditos, orixinais e non premiados en ningún concurso anterior.
|