Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'Cantacontos' e músicas tradicionais en Verín
'Cantacontos' e músicas tradicionais en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Xaneiro 2013 15:08

Mañá venres, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de 'Cantacontos' realizados pola pedagoga, docente e compositora Susa Herrera Ruiz, acompañada da profesora e artista Merchy Rozas.


Esta sesión destinada a 50 nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos en compañía dos proxenitores -un pai ou nai por neno/a-, na que estas excepcionais cantacontos amosarán, de modo gratuíto, cancións do seu último libro CD 'En Cabárceno se oye cantar', publicado por Montañas de Papel Ediciones. Trátase dun álbum ilustrado que incorpora un CD e DVD coas 10 cancións que compoñen o libro e que teñen a 10 animais do Parque da Natureza de Cabárceno como protagonista. Ademais do texto, das cancións de Susa Herrera e das ilustracións de Violeta Monreal inclúense as partituras dos 10 temas e unhas propostas didácticas para poder traballar cos/as menores. A autora e letra de todos eles é a propia Susa Herrera, que tamén realizou outros tres libros CD como 'Cartas que vienen y van', Todos los animales al cajón'  -de la editorial Primerapersona- y 'Animales enCantadores' -de la editorial Corimbo-.

Sara Herrera Ruiz, que coñeceu o programa de actuacións destinadas ao fomento da lectura da Biblioteca de Verín no marco da entrega do galardón como Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 -concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-, é na actualidade docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, como profesora titular da área didáctica da expresión musical. Ademais, da súa experiencia docente en todos os niveis educativos desde 1982, Herrera Ruiz impartiu máis de 200 cursos en programas de formación inicial e permanente do profesorado en diversas Comunidades Autónomas de España, e tamén en países de Latinoamérica.

Con todo, non será a única actividade lúdico-cultural que terá lugar mañá 4 de xaneiro, xa que ás 20 horas, a Casa da Cultura de Verín acollerá o concerto 'Músicas tradicionais de Reis e Nadal', organizado pola Asociación Cultural A Sombra do Brixel. No mesmo os/as presentes escoitarán cantos e músicas tradicionais interpretados por grupos de diversas asociacións de mulleres rurais da comarca de Verín, Agrupación Musical de Bousés e Grupo Brixel.

Tamén no marco da programación de Nadal, o vindeiro día 5 de xaneiro finaliza a quinta edición de 'Ludonadal', unha ludoteca destinada a estas datas e dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e organizada polo Concello de Verín e Aever. A mesma ten lugar no centro infantil do CEIP Amaro Refojo de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas. E ara poder acceder a esta actividade será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente, xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER -existindo un límite mínimo de 20 euros (nun só ticket o en varios que sumen este total) e unha penalización de 10 euros no caso de non achegar o ticket e vale-.

Ademais, e ata o 5 de xaneiro a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 'Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia', que amosa misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Está organizado polo Colexio María Inmaculada, o Concello de Verín e a Asociación Filatélica, Vitolfílica e Numismática “Miño” de Ourense; coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense, do Museo Municipal de Ourense, do Museo Arqueolóxico de Ourense e do Liceo Recreo Ourensán. A mostra pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>