Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Programación Nadal 2012 – Reis 2013
Programación Nadal 2012 – Reis 2013 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 14 Decembro 2012 12:42

O Concello de Verín, a Eurocidade Chaves-Verín, xunto coa colaboración de AEVER (Asociación de Empresarios de Verín) organizan, baixo o lema “Espalle alegría na Eurocidade. Sexa solidario, merque no comercio local” a seguinte programación cultural e festiva no municipio para o Nadal:


- Campaña solidaria 'Espalle alegría na Eurocidade' (ata o 22 de decembro). Recollida de alimentos nos carros solidarios colocados nos supermercados Gadis, DyD y Rosymar de Verín; así como no Concello de Verín e sede da Eurocidade (antiga aduana de Feces de Abaixo). Ademais da recollida de xoguetes na sede de AEVER, Eurocidade e Concello de Verín. Por outra banda, os/as veciños/as de Verín e Chaves poden cambiar un xoguete ou alimentos por un piñeiro na Loja Ponto Já e Gráfica Sinal de Chaves e sede da Eurocidade.

- Ludonadal. Ludoteca de Nadal (do 22 de decembro ao 05 de xaneiro)
. Nas aulas de infantil do CEIP Amaro Refojo. De luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas; e sábados de 10 a 14 horas.

- Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia (do 13 de decembro ao 5 de xaneiro). Exposicións de misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Na organización do mesmo tamén colaboran Colexio María Inmaculada, Asociación Filatélica, Vitolfílica e Numismática “Miño” de Ourense, Delegación de Misións de Ourense, Museo Municipal de Ourense, Museo Arqueolóxico de Ourense e Liceo Recreo Ourensán. A exposición pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

- III Festival de Teatro Entreculturas (14 de decembro, ás 19 horas). Na Casa da Cultura de Verín. Organizado pola Asociación de Amigos de la Cultura y el Ocio ‘La Caja de Pandora’. Representación dos sainetes Margarita, Mariluz y Maripaz; La tabla del nueve e ¿Tú a quién le escribirás?, e dos contacontos La gallina colorada, El pequeño abeto e El gigante egoísta.


- III Festival de Teatro Entreculturas (15 de decembro, ás 19 horas). Na Casa da Cultura de Verín. Organizado pola Asociación de Amigos de la Cultura y el Ocio ‘La Caja de Pandora’. Representación da obra El engaño.

- Torneo de Fútbol-Sala (16 de decembro, ás 14 horas -horario local-). No Pavillón Municipal de Chaves. A entrada para asistir o mesmo é a entrega dun alimento.

- Animación Infantil nas rúas (21 de decembro, de 16 a 19 horas). Na praza do Concello con obradoiros de globoflexia, maquillaxe infantil, malabar e inchables (se hai inclemencias meteorolóxicas será no Pavillón Municipal de Deportes).


- Concerto de Nadal (22 de decembro, ás 12 horas). Actuación do alumnado do Conservartorio Elemental de Música de Verín na Casa da Cultura de Verín. Organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín, con repertorio clásico e de Nadal.

- Concerto para os nosos maiores (22 de decembro, ás 16 horas). Actuación do grupo instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín na Residencia de Anciáns Santa María. Organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín. Colabora a Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados.

- Animación Infantil nas rúas (22 de decembro, de 11 a 13 e de 17 a 20 horas). Na praza Merced con obradoiros de globoflexia, maquillaxe infantil, malabar e inchables (se hai inclemencias meteorolóxicas será no Pavillón Municipal de Deportes).

- Animación Infantil nas rúas (23 de decembro, de 11 a 13 e de 17 a 20 horas). Na praza García Barbón con obradoiros de globoflexia, maquillaxe infantil, malabar e inchables (se hai inclemencias meteorolóxicas será no Pavillón Municipal de Deportes).

- Cantos Sacros e Panxoliñas (23 de decembro, ás 10 horas). Actuación do Coral de Verín na Residencia de Anciáns Santa María. Conta coa colaboración da Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados.

- Concerto de clausura da campaña 'Nadal Solidario. Espalle alegría na Eurocidade' (27 de decembro, a partir das 21 horas -horario local-). Espectáculo de música da Academia de Música de Daniel Louro, no auditorio do Centro Cultural de Chaves. A entrada para asistir o mesmo é a entrega dun alimento.

- “Solidariedade con Ángel”. Iniciativa solidaria a favor da campaña ‘Una sonrisa, un objetivo’ destinada a axudar ao neno Ángel Blanco García (27 de decembro, ás 19 horas, no Pavillón Municipal de Deportes)
. Na mesma realizará o seu show o pallaso Tanito e os seus colaboradores para os máis cativos, e a entrada para asistir será de 3 euros, que serán destinados íntegramente a este menor que ten parálise cerebral e o síndrome de Landau-Kleffner, e necesita un bipedestador-andador para mellorar a súa calidade de vida. Os custos derivados desta actividade serán financiados polo Concello de Verín, e conta coa colaboración de Tanito, Imprenta Dixital e Verín CF para a súa difusión e promoción. Por outra banda, e no tamén no Pavillón Municipal de Deportes establecerase, esa xornada, un punto de recollida de tapóns de plástico que axudaran a conseguir os obxectivos desta iniciativa solidaria..

- Caravana Infantil (28 de decembro, en horario de tarde)
. Percorrido polas rúas de Verín  (se hai inclemencias meteorolóxicas será no Pavillón Municipal de Deportes).

- Animación na Rúa e chegada Carteiro Real (29 de decembro, de 16 a 20 horas)
. Na praza do Concello de Verín (se hai inclemencias meteorolóxicas será no Pavillón Municipal de Deportes).

- Cantos de Aguinaldo dos Nosos Maiores (30 de decembro, ás 10 horas). Actuación do Coral do Centro Sociocomunitario de Verín na Residencia de Anciáns Santa María. Conta coa colaboración da Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados.

- Cotillón Infantil de Noitevella (31 de decembro, de 11 ás 13.30 horas). No centro infantil do Amaro Refojo. Música de Nadal, doces, maquillaxe de festa e gominolas para os máis pequenos/as, e cando cheguen ás 12 horas, badaladas para os/as nenos/as e despedir o ano 2012.

- Sesión de ‘Cantacontos’ da pedagoga e escritora Susa Herrera (4 de xaneiro, de 18 ás 19.30 horas). Na Biblioteca Pública Municipal de Verín e organizado por este departamento.

- Músicas tradicionais de Reis e Nadal (4 de xaneiro, ás 20 horas)
. Organizado pola Asociación Cultural A Sombra do Brixel. Na Casa da Cultura.

- Cabalgata e Gala de Reis (5 de xaneiro)
. Visita dos Reis Magos á Residencia de Anciáns Santa María (16 horas). Cabalgata na que nenos/as disfrazados/as de pastor/a, anxos e estrelas acompañarán aos Reis Magos polas rúas de Verín, a partir das 17.30 horas, con saída da Casa do Escudo. Gala no Pavillón Municipal de Deportes, onde serán recibidos polo alcalde infantil e os seus concelleiros. Organizado polo Concello de Verín.

- XIX Concerto de Reis (6 de xaneiro, ás 20 horas). Na Igrexa da Merced, organizado pola Asociación Verinense 'Amigos da Música' co apoio da Comunidade Mercedaria.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>