Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Recollidas máis de 4 toneladas de alimentos no partido solidario en Verín
Recollidas máis de 4 toneladas de alimentos no partido solidario en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Decembro 2012 11:49

O estadio José Arjiz de Verín acolleu na xornada do sábado o partido solidario 'Espello deportivo...por alimentos', organizado polo Verín F.C., coa colaboración da área de Deportes do Concello de Verín e Rubén Riós.

A esta iniciativa solidaria sumáronse máis dun millar de persoas, que xunto a empresas de Verín, achegaron máis de catro toneladas de alimentos que serán repartidas entre as familias en situación de vulnerabilidade da bisbarra, en colaboración con Cruz Vermella Monterrei, os servizos sociais do concello de Verín e outros concellos veciños.

A mesma contou coa participación veteranos do Verín F.C., representantes da política local -da man do rexedor e concelleiro de Deportes, Juan Manuel Jiménez e Víctor Baladrón, e un grande número de personalidades do deporte e do mundo da cultura, participando nomes como Songo´o, Rodolfo Dapena, Javier Maté, Mocho Carnero, Jorge Otero, Vicente Celeiro, Tonhito de Poi, Santi Romay, Noelia Solleiro, Terio Carrera, Emilio Rúa, Alex Carro, Xoel Yáñez, Ignacio Vilar.

Todas as fotos sobre a iniciativa no Facebook do Verín C.F. https://www.facebook.com/media/set/?set=a.473661056005856.101751.415656455139650&type=1

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>