Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O PCT Puertas de Galicia estrea guía turística
O PCT Puertas de Galicia estrea guía turística PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Novembro 2012 12:46

O presidente da comisión de seguimento do PCT Puertas de Galicia, Juan Manuel Jiménez Morán, e o xerente do mesmo, Ignacio Fernández Dosil, presentaron esta mañá a Guía Turísticas de Puertas de Galicia.

Durante a presentación, á que tamén asistiron os alcaldes dos municipios pertencentes o plan Puertas de Galicia e a diputada electa por Ourense Carmen Pardo, amosouse este novo proxecto turístico que detalla información natural, patrimonial e histórica de cada un dos doce municipios adheridos a este plan e que conforman o xeodestino Verín-Viana (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), así como recursos económicos máis significativos destas comarcas: o viño da Denominación de Orixe Monterrei.

Esta guía ten como obxectivo crear conciencia de territorio e traballo en común para desenvolver un destino turístico cohesionado, que permita promocionar conxuntamente os importantes recursos existentes e así competir no mercado turístico. A mesma elaborouse cos propios concellos, xa que foron os que aportaron a información individualizada de cada un e cederon algunhas das fotografías que ilustran estas páxinas turísticas.

O Plan de Competitividade Portas de Galicia está promovido por Turespaña, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e doce municipios (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Portas de Galicia. Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>