Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'Contos de Magosto' na Biblioteca de Verín
'Contos de Magosto' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 Novembro 2012 13:37

O vindeiro venres 09 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos de Magosto', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e lendas, como as narradas polos/as avós/avoas ao carón da lareira, ademais de manualidades da mesma temática, elaboradas con castañas, noces e pintura tempera líquida. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>