Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Resultados e clasificacións deportivas na web do Concello de Verín
Resultados e clasificacións deportivas na web do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Outubro 2012 11:19

Desde esta semana, a páxina web do Concello de Verín inclúe unha nova sección deportiva destinada a resultados e clasificacións da Liga Local de Fútbol Sala, Liga Local de Veteranos e Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín.

Unha iniciativa que ten por obxecto divulgar a actualidade deportiva no municipio, e que se suma á xa existente da piscina climatizada, que recolle tamén imaxes e noticias sobre cada unha destas disciplinas deportivas. Esta actuación pretende acercar aos/ás cidadáns/as as últimas novidades tanto en Fútbol Sala, como na Liga Local de Veteranos ou as Escolas Deportivas do Concello de Verín.

Por outra banda, na xornada de mañá a partir das 19 horas, o complexo deportivo de A Granxa acollerá a presentación oficial dos equipos de pre-benxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín, así como o equipo infantil de Fútbol Sala que participa na categoría autonómica desta disciplina; á que poden asistir proxenitores e familias dos/as alumnos/as destas escolas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>