'Curtas na Rede' en Verín |
|
|
|
Mércores, 27 Agosto 2008 09:00 |
A Casa da Xuventude de Verín acollerá mañá, 28 de agosto, unha xornada de exhibición das curtametraxes gañadoras do concurso Curtas na Rede, organizado polo Consello da Xuventude de Galicia co fin de dinamizar a rede de telecentros “Comunícate”, e promovida dende a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
Con esta xornada, na que haberá un espazo para aqueles directores de curtas que queiran amosar ao público o obxectivo e as anécdotas dos seus traballos, búscase que os telecentros se incorporen como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía e que se constitúan en focos dinamizadores de acceso ás novas tecnoloxías, co obxectivo de crear unha comunidade virtual que fomente a autoxeración de actividades por parte dos usuarios. |