Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Seminario de “Motivación Emprendedora” en Verín
Seminario de “Motivación Emprendedora” en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Maio 2012 11:22

Na xornada de mañá, de 18 a 21 horas, a Casa da Cultura de Verín acollerá o “Seminario de Motivación Emprendedora”, organizado por BIC Galicia e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Este seminario, impartido por persoal técnico de BIC Galicia, está asentado no programa do emprendedor, idea de negocio e posta en funcionamento do mesmo e dirixido a persoas pre-emprendedores/as. E os obxectivos principais do mesmo son: fomentar o espírito emprendedor, ver o autoemprego coma unha opción máis, expoñer unhas nocións básicas do proxecto empresarial, romper co mito da definición do concepto de empresario, explicar con que recursos e ferramentas pódese contar desde BIC Galicia.

Por outra banda, e como continuación a esta iniciativa que terá lugar mañá, BIC Galicia e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín programan o seminario “Avaliación de Ideas Empresariais: xeración e maduración de ideas” que se efectuará os días 12, 20 e 26 de xuño, de 16 a 21 horas, na Casa da Xuventude. Os obxectivos do mesmo, dirixido a emprendedores/as e cunha duración de 15 horas, son xerar ideas, madurar ideas para convertelas en ideas empresariais ou de negocio e realizar á viabilidade do proxecto e do seu potencial como proxecto de empresa. Este seminario, tamén impartido por persoal técnico de BIC Galicia, constitúe unha ferramenta de formación mixta, que combina tres grandes grupos de actividades, que se corresponden con cada unha das tres sesións nas que se divide o seminario. A partir da análise de 34 fontes de ideas, agrupadas en 6 niveis, os/as asistentes autoxeren un conxunto de ideas de empresa que se agruparán no seu Banco de ideas para a súa validación posterior. A partir das ideas xeradas ou previas, realizaranse un conxunto de actividades co obxecto de transformar algunha delas en ideas empresariais. Por último, os asistentes recibirán e utilizarán una metodoloxía de avaliación co obxecto de obter a información necesaria para unha valoración cualitativa da súa idea de negocio. Para participar neste seminario de  “Avaliación de Ideas Empresariais: xeración e maduración de ideas” é necesario efectuar unha inscrición previa na oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín (situada no primeiro piso do Concello de Verín).


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>