1ª Cosecha, de Josu Gascón |
Venres, 22 Agosto 2008 12:21 |
Desde o 24 de agosto ao 11 de setembro, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 1ª Cosecha do escultor vasco Josu Gascón. A mostra reúne nove das últimas obras do autor, realizadas durante estes tres últimos anos (2006-2008). Con medidas e materiais diversos, todas elas posúen unha gran influencia artística da 'tendencia conceptual' da arte sobre unha base neodadaísta, onde o autor utiliza o simbolismo lingüístico e o ensamblaxe de obxectos cotiáns para expresar a súa visión sobre a arte e a vida.
Eclectismo da expresividade e encontro de diferentes obxectos que axuden a expresar as inquietudes intelectuais, éticas e emocionais dos espectadores é o fin último deste escultor autodidacta con obras como “Rectángulos aúreos”, “Negro sobre blanco sobre negro” ou “Apuntes para una Teoría del Arte Contemporáneo”. A exposición pódese visitar no seguinte horario: - Agosto: martes a sábado de 10 a 22 horas e o domingo e luns de 13 a 22 horas. - Setembro: martes a sábado de 10 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas, e o domingo e luns de 12 a 20.30 horas. |