Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Conferencia-coloquio 'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs' en Verín
Conferencia-coloquio 'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Abril 2012 12:27

O salón de actos da Casa de Cultura de Verín acolle mañá 19 de abril, ás 19.30 horas, a conferencia-coloquio  'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs'  de Manuel García Pérez, psicólogo consultor clínico e educativo; experto en TDAs, fundador e director técnico do grupo Albro-Cohs.

A mesma, organizada polo departamento de Educación Familiar e o Foro La Región, abordaranse os problemas de conduta, rendemento escolar, laboral, relacións sociais, familiares e autoestima, relacionados directa o indirectamente cos déficit de atención sostida ou de eficacia atencional, coñecidos tecnicamente e popularmente como TDAs-TDAH, que veñen sendo obxecto de especial interese polos profesionais da educación, sanidade e conduta e xeral.

A conferencia-coloquio 'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs' será inaugurada polo rexedor Juan Manuel Jiménez Morán e moderada pola educadora social de Verín, e está dirixida a toda a poboación, en especial as persoas con problemas de rendemento académico, laboral, relacións sociais, familiares, autoestima, e problemas de conduta, e a tódolos profesionais de educación, sanidade, sociais e xustiza.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>