Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Dous mozos verinenses reciben a súas vivendas de promoción pública no Barrio de San Lázaro
Dous mozos verinenses reciben a súas vivendas de promoción pública no Barrio de San Lázaro PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Febreiro 2012 14:17

Na xornada de hoxe, dous mozos da localidade de Verín recibiron as súas respectivas vivendas de promoción pública cualificada situadas na rúa Costa 10-12 (Barrio de San Lázaro) de Verín, adxudicadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, coa presenza do rexidor verinense Juan Manuel Jiménez Morán.

As condicións das mesmas, rehabilitadas pola Consellería de Vivenda e Solo e o Instituto Galego de Vivenda e Solo e que quedaron vacantes no último proceso de selección, son as seguintes: primeira planta e baixo cuberta (de 98,63 m2 útiles e 3 dormitorios) e primeira planta e baixo cuberta (de 71,17 m2 útiles e 2 dormitorios).

Os dous mozos verinenses aos que lles foron outorgadas devanditas vivendas foron: Benita Oliveira Gallego e Daniel Salgado González. No pasado 2011 xa fora entregada a situada no baixo (de 52,71 m2 útiles e 1 dormitorio) a David Rodríguez Rodríguez.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>