O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas na doazón de sangue |
Xoves, 07 Agosto 2008 10:12 |
O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia ( CTG ), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 44.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades. As persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do CTG a : Parque da Alameda, enfrente ao Centro da Terceira Idade VENRES, 8 de AGOSTO De 10.30 ás 14.00 e de 16.30 ás 21.00 horas SÁBADO, 9 de AGOSTO De 10.30 ás 15.00 horas Mediante esta iniciativa, que se está a desenvolver este verán en máis de 200 Concellos, preténdese mellorar a información sobre este acto altruísta. O Concello de Verín e o CTG amosan o seu agradecemento a tódolos veciños que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde. O pasado ano 2007 houbo 977 doazóns no noso Concello, o que nos permitiu superar o índice de doazón de sangue recomendado pola Organización Mundial da Saúde. O noso obxectivo é manter este nivel de participación para que o noso Concello sexa un dos máis solidarios de Galicia. |