Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia
Subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Xuño 2011 12:00

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia.

As subvencións centraranse nas seguintes medidas:
- Fomento de actividades turísticas.
- Servizos básicos para a economía e a poboación rural.
- Conservación e mellora do patrimonio rural.

Os beneficiarios das mesmas establécense segundo as tres liñas de subvención:
- Fomento de actividades turísticas: asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural.
- Servizos básicos para a economía e a poboación rural: asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos consorcios e entidades dependentes das anteriores con participación maioritaria dos concellos.
- Conservación e mellora do patrimonio rural: Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 28 de xullo de 2011.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>