Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas II Volta Cicloturista ‘Val do Támega’
II Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Xuño 2011 11:22

O próximo 26 de xuño terá lugar a II Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ organizada polo Club Ciclista Verín, coa colaboración do Concello de Verín, e puntuable para a Copa Galicia.


Esta proba está aberta a todos os ciclistas e cicloturistas federados maiores de 16 anos -os non federados deberán subscribir a licencia por un día para poder participar- e ten 113 quilómetros de percorrido, con saída ás 9 horas do Pavillón Municipal de Deportes de Verín (R/Irmáns Moreno).  

O itinerario consta de dous tramos: neutralizado (Verín, Rabal, San Cibrao, Oímbra, Vilaza, Albarellos, Verín e Caldeliñas) e libre (Servoi, Alto do Foxo, Campobecerros, Ventas da Capilla, A Gudiña, Ventas da Barreira, Fumaces e Verín). Do total do itinerario, os 34 quilómetros iniciais (Verín-Caldeliñas) serán neutralizados polo vehículo da organización, a un ritmo constante de 25 quilómetros/hora, e coa prohibición de adiantar a devandito automóbil. Desde Caldeliñas ata a meta o tramo será libre.

Para participar na II Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ será abonar unha cota de inscrición de 35 euros -federados- ou 47 euros -non federados (inclúe a subscrición de licenza federativa por un día)-, mediante transferencia bancaria ou na web www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición, limitado a 250 participantes, conclúe o 23 de xuño. Para retirar os dorsais será necesario DNI, xustificante de pago e licenza -para federados-.

Ao finalizar a proba entregaranse os seguintes trofeos: ao club máis numeroso e aos ciclistas máis veterano, afastado e novo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>