Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Home
7ª Edición do Programa de Termalismo Social Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Maio 2011 11:34

A Eurocidade Chaves-Verín pon en funcionamento a sétima edición do Programa de Termalismo Social, entre os días 28 de xuño e 7 de xullo, que permitirá a un mínimo de 25 persoas da comarca de Verín acudir ás Temas de Chaves – Spa do Imperador, beneficiándose dun desconto especial.  

Unha iniciativa creada para dar continuidade ao programa de turismo de benestar e saúde sen saír da casa, e que foi posible grazas á firma dun protocolo entre a empresa municipal que xestiona as Termas de Chaves e o Concello de Verín, polo que os/as veciños/as de Verín xa contan cos mesmos prezos que os de Chaves para o uso das Termas. Uns beneficios, xunto con outros, englobados na Tarxeta do Eurocidadán, que se presentará en breve, e que permitirá que os habitantes de ambos municipios teñan acceso a servizos nas mesmas condicións que na súa localidade, impulsando un incremento na calidade de vida.

Esta sétima edición permitirá que as persoas maiores de 50 anos acudan durante nove días -exceptuando o domingo-, facendo o tratamento que, en cada caso, o médico hidroloxista lles prescriba na consulta, que se realizará no primeiro día. O valor do paquete desde 125 euros, segundo a tipoloxía e o número de tratamentos que o participante decida adherir, tras a consulta médica e respectiva prescrición clínica. O participante terá acceso á prácticas termais que constan na táboa dos Programas de Termalismo Terapéutico en vigor, cun desconto do 50% sobre o prezo oficial.

No paquete inclúese: transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta de médico e acompañamento de enfermería, material necesario para acceder aos tratamentos termais (chanclas, gorro e bolsa), así como albornoz e toallas durante os tratamentos.

As inscricións poden realizarse ata o 24 de xuño, no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade, situado no Concello de Verín (de 9 a 14 horas), efectuando unha reserva de 30 euros non reembolsable.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>