Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A obra teatral 'Asemblea de Mulleres' na Casa da Cultura de Verín
A obra teatral 'Asemblea de Mulleres' na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Abril 2011 13:05

A Asociación La Caja de Pandora estrea, na xornada de mañá 29 de abril, a súa versión da obra 'Asemblea de Mulleres',  que Aristófanes escribiu para o Certame do ano 392 a.C., e posteriormente se convertería en referente sobre a comedia clásica.

'Asemblea de Mulleres' é unha amarga sátira sobre a situación política da Atenas contemporánea ao poeta dirixida, nesta ocasión, por Manolo Fontemoura e interpretada por 15 persoas -sete adultos e oito nenos/as-.

As funcións desta obra, que conta co apoio do Concello de Verín e a Eurocidade Chaves-Verín, terán lugar ás 19 e 23 horas, na Casa da Cultura da localidade.

Este grupo de teatro amateur, formado no ano 2008,  xa representou outras obras como 'La Cerillera', ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’ e as  infantís 'La historia de Bayrina y Fermin Nomelavonada', 'Bon Apetit' e 'Tifina, una princesa poco fina'.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>