Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Entrega dos diplomas da formación do equipo comarcal de intervención sociolaboral en Verín
Entrega dos diplomas da formación do equipo comarcal de intervención sociolaboral en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Abril 2011 13:34

O salón de actos da Casa da Cultura de Verín acolleu, na xornada de hoxe, a entrega de diplomas da formación do equipo comarcal de intervención sociolaboral de Xinzo de Limia no concello de Verín, no marco do II Plan Galego de Inclusión Social 2007-2013, presidido por Roberto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín.


Este plan, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia e elaborado pola Secretaría Xeral de Benestar, constitúe unha ferramenta de loita contra o desemprego e a exclusión social. O mesmo foi deseñado coa finalidade de consolidar unha estratexia interdisciplinar e transversal que actúe de maneira compensatoria, como unha acción positiva, estruturada e eficaz, para avanzar na igualdade real de oportunidades, potenciando o modelo social galego, baseado nos principios de xustiza social e participación activa de toda a cidadanía. “Do mesmo xa se beneficiaron 7.312 persoas en toda a comunidade, máis de catrocentas nesta zona”, subliñou o xerente. Unha cuestión que reiterou o rexedor municipal que tamén alentou a seguir traballando nestas iniciativas que “ integran e complementan unha estratexia de intervención social, inciden no emprego e impulsan a integración de colectivos menos favorecidos”.

Durante o acto entregáronse os diplomas pertencentes aos cursos de alfabetización, competencias persoais, operación básica de xardinería e prácticas non laborais en peluquería.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>