O Comité Clínico da Xunta de Galicia acorda o peche dos locais de hostaleria e restauración ás 00:00 horas e do ocio nocturno ás 2:00 horas |
|
|
|
Martes, 28 Decembro 2021 16:11 |
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá en rolda de prensa das novas medidas acordadas polo comité clínico, e entre as que destaca a decisión de limitar a apertura dos locais de hostalería e restauración ás 00,00 da madrugada, e do ocio nocturno ás 2:00h. |
Ler máis...
|
Pleno extraordinario: 23 de decembro de 2021 |
|
|
|
Xoves, 23 Decembro 2021 12:28 |
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. Aprobación da acta da sesión anterior.
2. Expediente 2295/2019. Cambio de representantes da corporación en consellos escolares.
3. Expediente 3560/2021. Subvención Escolas Deportivas Concello de Verín. |
Ler máis...
|
O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro “Pinturas Rupestres. Catálogo de Patrimonio” de Bruno Rúa |
|
|
|
Martes, 21 Decembro 2021 14:05 |
O vindeiro xoves 23 de decembro, ás 19:00 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá a presentación do libro “Pinturas Rupestres. Catálogo de Patrimonio” do etnógrafo Bruno Rúa Martínez. |
Ler máis...
|
(EVENTO POSPOSTO)O escritor Xosé Carlos Caneiro presenta o seu novo libro “Verín de Verín” |
|
|
|
Luns, 20 Decembro 2021 10:17 |
- Desde a editorial Conmar Editora informan que debido a motivos persoais a presentación do libro "Verín de Verín" de Xosé Carlos Caneiro queda posposta ata novo aviso. -
O vindeiro 22 de decembro, ás 19,30 horas, o Auditorio municipal de Verín acollerá a presentación do novo libro do escritor Xosé Carlos Caneiro, “Verín de Verín”, un relato de variadas historias cun eixo común: Verín. O autor estará acompañado por Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade; Gerardo Seoane, alcalde de Verín, e Emilio Rúa, cantautor ourensán, quen amenizará a xornada con música en directo. |
Ler máis...
|
Avanzan as obras de canalización da canle de San Lázaro |
|
|
|
Sábado, 18 Decembro 2021 12:45 |
O Concello de Verín está a traballar nas obras de canalización da canle de San Lázaro, situada no tramo urbano da estrada de Vences, á altura da Casa do Escudo. Devandita actuación, que conta cun investimento de 48.000 euros, está incluída no Plan Provincial de Cooperación das Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación de Ourense. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>
|
Páxina 105 de 995 |