Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Venda de entradas para as V Xornadas de Novela Histórica PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Marzo 2022 17:33

Dende a Biblioteca do Concello de Verín informan que a partir de hoxe xoves 3 de marzo estarán dispoñibles as entradas para as V Xornadas de Novela Histórica “Novas Miradas na Novela Histórica”, que se celebrarán os días 25 e 26 de marzo no Auditorio de Verín. As entradas para cada día teñen un prezo simbólico de 2 Euros e que evite a retirada das mesmas sen completa seguridade de acudir as xornadas e así evitar que veciños e veciñas que desexen acudir queden sen elas tal e como aconteceu o ano pasado. Así mesmo todo o recadado será destinado ao fondo bibliográfico da Biblioteca e o conxunto de actividades para o fomento á lectura.

Ler máis...
 
Verín recibiu aos autocaravanistas de AGA, que percorren o sur de Galicia nun roteiro enolóxico PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Marzo 2022 13:42

 Esta mañá, máis de medio centenar de autocaravanistas visitaron o Museo de Verín no marco do Roteiro do Viño organizado por AGA (Asociación  Galega de Autocaravanas). Os mesmos, acompañados do seu vicepresidente, Xosé Anxo Cid, foron recibidos nas instalacións municipais polo tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, quen aproveitou para anunciarlles que a vila do Támega contará unha nova área municipal de autocaravanas antes de que finalice este ano 2022.

Ler máis...
 
O reporteiro Fede Arias, do programa “Mejor Contigo” de RTVE será nomeado “Capuchón de Verín 2022” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Febreiro 2022 13:10

 Fede Arias, reporteiro e presentador do programa “Mejor Contigo” de RTVE, será nomeado mañá en Verín “Capuchón 2022”. O ente municipal outorgaralle dita mención honorífica en recoñecemento ao seu traballo visibilizando a riqueza cultural dos pobos e municipios do noso país.

Ler máis...
 
45 actuacións musicais itinerantes e unha vintena de actividades infantís conforman a programación do Entroido de Verín 2022 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Febreiro 2022 13:16

  Program Entroido Verín Esta mañá, o Concello de Verín presentou a que será a súa  programación oficial do Entroido 2022. A pesar de non organizarse ningún evento masivo -coa finalidade de evitar as aglomeracións de xente- será un ano no que, con máis de cen horas programadas de música na rúa, a festa e a diversión están aseguradas.

Ler máis...
 
Verín proxecta desenvolver no Pozo do Demo o maior atractor turístico do sur de Galicia cos Next Generation PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Febreiro 2022 13:58

 O Concello de Verín reordenará os recursos turísticos que encerra o Pozo do Demo desde unha nova e rompedora óptica: un Museo Natural ao aire libre fará visitables, mediante seis rutas temáticas, os inxentes recursos naturais, xeolóxicos, arqueolóxicos e históricos que aglutina esta paraxe tan querida en Verín. O plan prevé a recuperación de varios megalitos, así como a escavación completa do Bouzadoiro e do enclave no que os historiadores atoparon os restos do Castelo de Cabreira, así coma unha ruta especial dedicado á batalla contra as tropas de Napoleón en 1809.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>

Páxina 101 de 995
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>