Subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego |
|
|
|
Martes, 17 Febreiro 2009 11:37 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda: - Bases para a concesión de subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.
|
Ler máis...
|
Obradoiro de maquillaxe para nenos/as |
|
|
|
Luns, 16 Febreiro 2009 12:02 |
A Biblioteca Municipal de Verín acolle os días 19 e 20 de febreiro, desde as 18 ás 20 horas, un obradoiro de maquillaxe para nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. A actividade, impartida por videoconferencia desde Ferrol, está organizada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual-Cidades Dixitais e o Concello de Verín. Para participar nela é necesario inscribirse na propia Biblioteca Municipal.
|
Venres, 13 Febreiro 2009 17:59 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 14 de febreiro, a partir das 23 horas, o acto de presentación do disco ‘No bico un cantar’, da fadista lusa María do Ceo. Este concerto está organizado polo Concello de Verín en colaboración coa Deputación de Ourense.
|
Experiencia piloto para a recollida selectiva de envases de vidrio nos establecementos hostaleiros |
|
|
|
Venres, 13 Febreiro 2009 17:39 |
Nos próximos días, o Concello de Verín porá en marcha unha experiencia piloto para a recollida selectiva de envases de vidro nos establecementos hostaleiros da localidade, en colaboración con Ecovidrio, entidade encargada da xestión da reciclaxe dos residuos deste material en toda España. |
Ler máis...
|
O cigarrón protagoniza Entroidarte 2009 |
|
|
|
Mércores, 11 Febreiro 2009 11:36 |
A Casa do Escudo de Verín acolle, até o día 28 de febreiro, Entroidarte, unha mostra de artes plásticas sobre o tema Entroido organizada polo Concello de Verín e na que participan os seguintes pintores, escultores e fotógrafos vinculados á Eurocidade Chaves-Verín: Alvárias, Anxos Borjas, Aurora López, Beny, Fernando Barreira, Flor Fernández, Gipso, Leonardo, Luis Somoza, Manuela Sánchez, Marilar Salgado, Luís Pachón, Paco, Plácido L. Rodríguez, Rivada, Rojas, Toño Santamarina,Víctor Rodríguez e Xosé Lois Carreira (artistas da comarca de Verín) e Carneiro Rodrigues, Eurico Borges, María Priscila, Mario Lino e Nuno Duque (todos de Chaves –Portugal-).
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 961 962 963 964 965 966 967 968 969 970 Seguinte > Final >>
|
Páxina 970 de 995 |