| 
					Día das Letras Galegas en Verín			 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
		 
 
	| 
		Venres, 15 Maio 2009 11:17	 | 
 
| 
 O Concello de Verín celebrará o Día das Letras Galegas cunha Gala Músico-Literaria na Casa da Cultura, o próximo 17 de maio a partir das 19 horas. Nese acto vanse entregar os premios do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, nos que participaron colexiais de oito centros da comarca de Verín: CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP de Oímbra, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Colexio Apostólico Mercedario, IES Castro de Baronceli, IES Xesús Taboada Chivite e IES García Barbón de Verín. 
   | 
 
	| 
		
			Ler máis...
	 | 
 
 
 
		| 
					Charlas-coloquio dentro do programa ‘Concellos Saudables’			 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
		 
 
	| 
		Venres, 15 Maio 2009 11:17	 | 
 
| 
 O próximo 20 de maio, a partir das 19.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘Conceptos de alimentación para a saúde’, impartida por José Antonio Viso. Este diplomado en enfermería presentará aos asistentes os diferentes conceptos de alimentación, como proteínas e carbohidratos, e a súa consumición para lograr unha correcta alimentación, sen esquecer as patoloxías específicas de cada persoa.
   | 
 
	| 
		
			Ler máis...
	 | 
 
 
 
		| 
					Participación de Verín no IV Grande Desfile da Máscara Ibérica			 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
		 
 
	| 
		Venres, 15 Maio 2009 11:15	 | 
 
| 
 Durante os días 16 e 17 de maio, o concello de Verín participará nos actos do IV Grande Desfile da Máscara Ibérica, organizado en Lisboa por Progestur, EGEAC e a Associação de Turismo de Lisboa.
   | 
 
	| 
		
			Ler máis...
	 | 
 
 
 
		| 
					Luis Meiriño, novo concelleiro do Partido Popular en Verín			 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
		 
 
	| 
		Venres, 15 Maio 2009 11:15	 | 
 
| 
 O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, presentou esta mañá en rolda de prensa ao novo concelleiro do Partido Popular, Luis Meiriño Vieytes, que substituirá no grupo de goberno a María del Carmen Pardo López, actual Secretaria Xeral para o Turismo. Este novo concelleiro encargarase da área que ata o momento ocupaba Pardo López, que é a de Promoción Económica, que inclúe: turismo, comercio, Eurocidade Chaves-Verín, consumo, agricultura e industria.     
 
  | 
 
 
 
		| 
					Dramatización sobre Ramón Piñeiro 			 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
		 
 
	| 
		Mércores, 13 Maio 2009 10:27	 | 
 
| 
 A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá, a partir de 20.15 horas, unha dramatización sobre o escritor Ramón Piñeiro López, a quen lle esta adicado este ano o Día das Letras Galegas.
   | 
 
	| 
		
			Ler máis...
	 | 
 
 
 
 | 
								
		 
		 
	 | 
	| 
		
	 | 
	
		<< Inicio < Anterior 961 962 963 964 965 966 967 968 969 970 Seguinte > Final >>		
  
	 | 
	| 
		Páxina 966 de 1003	 |