Roberto Verino: «Verín forma parte do meu nome, da miña marca, da miña vida» |
|
|
|
Sábado, 18 Xuño 2022 10:46 |
O deseñador de moda Roberto Verino pronunciou hoxe o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) como académico numerario da Sección de Artes da Imaxe, titulado “Aportación da moda galega ao orgullo de país”. O acto, que se celebrou esta mañá no Auditorio de Verín, estivo organizado coa colaboración do Concello de Verín e foi presidido polo presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, e o discurso foi contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Artes da Imaxe, Xurxo Lobato. |
Ler máis...
|
O Galician Freaky Film Festival sorprenderá coas súas propostas gamberras e arriscadas aos habitantes de Verín en setembro |
|
|
|
Xoves, 16 Xuño 2022 10:01 |
Cada vez falta menos tempo para que chegue unha nova edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV. E, coa deste ano 2022, son xa sete as convocatorias consecutivas dun certame que pouco a pouco se foi consolidando na axenda cultural, de ocio e de lecer da vila. Este ano, o festival convidado polo FIC será o Galician Freaky Film Festival, un certame moi singular cuxas obras máis representativas correspondentes a edicións anteriores poderán visionarse en Verín. |
Ler máis...
|
Verín acollerá o acto oficial de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes do deseñador Roberto Verino |
|
|
|
Xoves, 16 Xuño 2022 08:24 |
O deseñador verinés Roberto Verino ingresará oficialmente na Real Academia de Belas Artes como Académico de Número Electo dentro da sección Artes da Imaxe. O acto oficial, que está sendo organizado coa colaboración do Concello de Verín, terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro sábado día 18 de xuño, ás 12:30 horas. Durante o mesmo, Verino lerá un discurso como Académico Electo titulado “Aportación da Moda Galega ao orgullo de país” ao que o fotógrafo Xurxo Lobato dará resposta. |
Ler máis...
|
AEVER presenta a campaña “Eu merco en Verín“ |
|
|
|
Mércores, 15 Xuño 2022 12:47 |
O día 1 de xullo de 2022, a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) dá o pistoletazo de saída á tempada de verán do comercio local de Verín cunha gran festa pensada para o desfrute da súa clientela. |
Ler máis...
|
O IES García-Barbón de Verín presenta o novo ciclo en Dual de Electromecánica de maquinaria. |
|
|
|
Venres, 10 Xuño 2022 12:25 |
A directora do instituto, María Soledad Gómez, presentou aos concellos e axentes dinamizadores de emprego a amplia oferta formativa que existe no centro para “evitar o éxodo do alumnado cara as cidades, moitas veces condicionado pola desinformación da oferta formativa que hai na zona”. O centro conta actualmente con ensinanzas de Bacharelato, Educación Secundaria de Adultos, ciclos formativos das seguintes familias profesionais: sanitaria, administrativa, instalación e mantemento e automoción, sección delegada da Escola Oficial de Idiomas e Aula Mentor. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>
|
Páxina 89 de 995 |