A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín recupera a festividade de San Fermín tras dous anos de parón por mor da pandemia |
|
|
|
Martes, 05 Xullo 2022 11:56 |
O xoves día 7 de xullo máis de 170 menores integrantes destes servizos de conciliación, coeducación e diversión, (ludoteca – campamento urbano) participarán nunha divertida xornada de xogos que terá como temática principal a tradicional festividade do San Fermín. A mesma terá lugar no CEIP Princesa de España. |
Ler máis...
|
Verín acolle a retransmisión en directo da ópera Nabucco de Giuseppe Verdi |
|
|
|
Luns, 04 Xullo 2022 12:07 |
O venres, 15 de xullo, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a retransmisión en directo da ópera Nabucco, de Giuseppe Verdi, que se representará no Teatro Real de Madrid. Este evento está enmarcado dentro das propostas de achegamento da ópera a todos os cidadáns, que impulsa o programa de actividades do Bicentenario do Teatro Real. |
Ler máis...
|
XVIII foro da Igualdade “Rompendo o teito de cristal” |
|
|
|
Venres, 01 Xullo 2022 11:31 |
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), vai levar a cabo esta primeira fin de semana do mes de xullo a XVIII Edición do FORO DA IGUALDADE que este ano leva por título “ROMPENDO O TEITO DE CRISTAL”. |
Ler máis...
|
'Xornada informativa sobre a implantación do SICTED en Ourense Termal', organizada pola Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo |
|
|
|
Venres, 01 Xullo 2022 10:33 |
O vindeiro martes 5 de xullo, ás 10:30 horas, terá lugar en Verín a primeira xornada informativa sobre a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) de Ourense Termal, conformado polos 15 municipios termais rurais da provincia, que nace co obxectivo de adherir empresas e servizos turísticos da contorna da comarca Verín Monterrei que forman parte do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal. Este execútase co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a Secretaría de Estado de Turismo e o propio goberno provincial. |
Ler máis...
|
Verino destaca o papel da moda como linguaxe propia cunha exposición de 40 fotografías emblemáticas |
|
|
|
Xoves, 30 Xuño 2022 14:11 |
A inauguración oficial da exposición de fotografías 40 anos de Estilo Verino celebrouse na casa da Cultura de Verín este mediodía e contou coa presenza do alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, o presidente da Deputación de Ourense Xosé Manuel Baltar; Rosario Rodríguez, segunda tenente alcalde de Verín; Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos; Cándida Couñago, concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil e Purificación Caldelas, concelleira de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente; todos os alcaldes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>
|
Páxina 87 de 995 |