|
Fegamp e Fondo Galego renovan o seu acordo de colaboración |
|
|
|
|
Mércores, 05 Febreiro 2014 13:35 |
|
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Fondo Galego de Cooperación e Soliedariedade rubricaron esta mañá a renovación do seu acordo de colaboración. A firma protagonizárona os seus respectivos presidentes, José Manuel Rey Varela e Teresa París. É a terceira vez que ambas as entidades subscriben este convenio, tras as positivas experiencias dos anos 1988 e 2005.
|
|
Ler máis...
|
|
Suspensión dos adestramentos de Fútbol 11 e Fútbol 8 |
|
|
|
|
Martes, 04 Febreiro 2014 14:07 |
|
Na xornada de hoxe, 04 de febreiro, quedan suspendidos todos os adestramentos de Fútbol 11 e Fútbol 8 a causa do temporal (agardamos que mañá se volva á rutina dos adestramentos). |
|
Axudas a través do Programa ICEX-NEXT de apoio a internacionalización da PEME española |
|
|
|
|
Martes, 04 Febreiro 2014 11:16 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 27 de decembro de 2013, de ICEX España Exportación e Investimentos, pola que se convoca para 2014 a concesión de axudas a través do Programa ICEX-NEXT de apoio á internacionalización da PEME española non exportadora ou exportadora ocasional.
|
|
Ler máis...
|
|
Subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais |
|
|
|
|
Martes, 04 Febreiro 2014 09:59 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 27 de decembro de 2013, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN217A). |
|
Ler máis...
|
|
'Contos das Criaturas Mariñas' e 'Contos en Inglés' na Biblioteca de Verín |
|
|
|
|
Luns, 03 Febreiro 2014 13:56 |
|
O vindeiro venres 07 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos das Criaturas Mariñas', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 651 652 653 654 655 656 657 658 659 660 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 659 de 1008 |