Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Convocatoria dos Premios do Deporte Galego do ano 2013 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Febreiro 2014 11:25

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 30 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan os Premios do Deporte Galego do ano 2013.

Ler máis...
 
O Club de Lectura de Verín retoma, por cuarto ano consecutivo, a súa actividade de fomento da lectura PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Febreiro 2014 14:24

Un ano máis, e xa van catro, o Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín retomou a súa actividade anual de fomento da lectura, co obxecto de converterse nun estímulo para a interacción entre os/as asistentes que acoden a instalación municipal.

Ler máis...
 
Profesionais da Eurocidade Chaves-Verín, vinculados ao turismo e termalismo, participan nun intercambio de coñecementos en Lugo PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Febreiro 2014 14:15

A Eurocidade desenvolveu un programa de intercambio, no hotel-balneario de Ferreira de Pantón (Lugo), para profesionais de turismo e termalismo dos municipios de Verín e Chaves. Unha acción enmarcada dentro do  proxecto "Eurorrexión Termal e da Auga" -financiado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal- e que tivo como obxectivo principal contribuír á revalorización da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como referente europeo do termalismo, ademais de proporcionar coñecementos  xerais sobre termalismo e incentivar á coordinación entre axentes turísticos e  sociais para garantir unha experiencia termal integrada e de alto valor engadido.

Ler máis...
 
O espectáculo'Yin' chega a Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Febreiro 2014 14:49

Na xornada do venres 07 de febreiro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Verín terá lugar a representación do espectáculo 'Yin', organizado por Nekane Fernández e compañía, e coa colaboración do Concello de Verín.

Ler máis...
 
Suspensión das actividades ao aire libre en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Febreiro 2014 14:39

Seguindo as indicacións da Comisión Escolar de Alertas nas que se determina a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 pola alerta laranxa, tamén quedarán suspendidas na xornada de mañá todas as actividades realizadas, ao aire libre, polo Servizo Municipal de Deportes do Concello de Verín. Máis información no seguinte link

 
<< Inicio < Anterior 651 652 653 654 655 656 657 658 659 660 Seguinte > Final >>

Páxina 658 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>