Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Beatriz Sotelo, do grupo Nove, e Diego López, Cociñeiro do Ano de Galicia, formarán parte do xurado do VII concurso gastronómico 'Cigarrón de Verín' PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Marzo 2014 12:14

O Concello de Verín xa pechou o xurado que valorará aos/ás participantes na sétima edición do concurso gastronómico 'Cigarrón de Verín, que terá lugar o sábado 05 de abril, a partir das 10.30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

Ler máis...
 
Subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Marzo 2014 09:04

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín  infórmase da publicación da resolución do 14 de marzo de 2014, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, pola que se convocan subvencións para o ano 2014, en concorrencia non competitiva, para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

Ler máis...
 
Bando Municipal: Imposto municipal sobre vehículos de tracción mecánica de 2014 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Marzo 2014 08:01

Ábrese o período voluntario de cobranza do imposto municipal sobre vehículos de tracción mecánica de 2014 nos seguintes termos:

Ler máis...
 
‘Día Internacional do Libro Infantil’ na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Marzo 2014 13:20

O vindeiro venres 28 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
Corrección de erros das bases reguladoras para a concesión de subvencións a establecementos turísticos para obtención ou mantemento da marca Q PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Marzo 2014 12:46

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín  infórmase da publicación da corrección de erros da resolución do 4 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, TP 5.57.2, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 641 642 643 644 645 646 647 648 649 650 Seguinte > Final >>

Páxina 645 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>