|
Bolsas Internacionais da Deputación de Ourense |
|
|
|
|
Mércores, 03 Decembro 2014 08:08 |
|
Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras da primeira convocatoria correspondente ao exercicio 2015 de concurso público para a concesión de bolsas internacionais da Deputación Provincial de Ourense. Toda a información no seguinte link.
|
|
O primeiro convenio de cooperación transfronteiriza xuvenil da Unión Europea asínase na AECT Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
|
Martes, 02 Decembro 2014 17:30 |
|
O director da AECT Eurocidade Chaves-Verín e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o membro da Asamblea Eurocidade e vice-presidente da Câmara Municipal de Chaves, Carlos Augusto Castanheira Penas, presidiron na tarde de hoxe a sinatura do primeiro convenio de cooperación transfronteiriza xuvenil na Unión Europea realizado entre dúas asociacións de Chaves e Verín: Asociación Xuvenil “A Voz da Juventude” e “Asociación Xuvenil Entroideiros”.
|
|
Ler máis...
|
|
'Camiños da guitarra clásica galega' na Casa da Cultura de Verín |
|
|
|
|
Martes, 02 Decembro 2014 12:29 |
|
'Camiños da Guitarra Clásica Galega' é o concerto que interpretará na Casa da Cultura de Verín o venres día 5 de decembro, ás 20.15 horas, o recoñecido músico e investigador Samuel Diz (Tui, 1986). O acto, de libre acceso, está patrocinado por Turismo de Galicia. O concerto enmárcase na xira de presentación do disco Guitarra Clásica Galega (Ouvirmos, 2012). Samuel Diz está graduado no Conservatorio Superior de Música Manuel Castillo de Sevilla. Nos cursos de Música en Compostela recibiu o Premio Andrés Segovia. Ten actuado en diferentes países dos continentes europeo, americano e africano, destacando a súa presentación en The Council on Latin American and Iberian Studies-CLAIS da prestixiosa Yale University (EE.UU), no Harare International Festival of the Arts-HIFA (Zimbabwe), ou o seu recente debut como solista no Palau da Música Catalana, no que recibiu o Premio da Crítica polo “estudo e coherencia do programa, seguridade escénica e son diáfano”. |
|
Ler máis...
|
|
O equipo alevín masculino do EDC Verín vence no Belarmino Alonso |
|
|
|
|
Martes, 02 Decembro 2014 12:24 |
|
O conxunto alevín masculino do EDC Verín acadou a vitoria na competición por equipos da XXXVI edición do cross Belarmino Alonso, organizado polo Comesaña Sporting Club de Vigo.
|
|
Ler máis...
|
|
Axudas programas Emprendetur I+D+i e Emprendetur Mozos Emprendedores |
|
|
|
|
Martes, 02 Decembro 2014 09:23 |
|
Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur I+D+i e Emprendetur Mozos Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral del Turismo. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 571 572 573 574 575 576 577 578 579 580 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 578 de 1008 |