Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A Eurocidade Chaves-Verín acollerá as únicas XORNADAS SOBRE O PROGRAMA EUROPEO ERASMUS + de toda Galicia-Norte de Portugal. ((Ampliación prazo de inscrición e novo horario)) PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Xullo 2015 00:00

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) eurocidade Chaves-Verín, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves, organiza unhas xornadas, os días 24 e 31 de xullo e 7 de agosto, sobre o, financiadas polo proxecto EUROCIDADE II aprobado ao abeiro do Programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP)

Ler máis...
 
A AECT Eurocidade Chaves-Verín participará no OPEN DAYS 2015 en Bruxelas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Xullo 2015 13:29

A Eurocidade Chaves-Verín sumase aos OPEN DAYS 2015 (semana europea das cidades e rexións), que se celebrarán entre o 12 ao 15 de outubro en Bruxelas, participando nun taller organizado pola Dirección de Política Rexional da Comisión Europea denominado "Integración urbana transfronteiriza: Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECTs) nas eurocidades e aglomeracións transfronteirizas".

Ler máis...
 
Obradoiro “A fórmula cooperativa nos servicios sociais” en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Xullo 2015 11:59

A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo na que está incluida o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

Ler máis...
 
A EUROCIDADE CHAVES-VERÍN PRESENTARASE NA EXPOSICIÓN MUNDIAL DE CIDADES INTELIXENTES DE BARCELONA 2015 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Xullo 2015 11:16

A Eurocidade Chaves-Verín confirma a súa asistencia ao Smart City World Congress, que se celebrará de 17 ao 19 de novembro no recinto de Gran Vía da Fira de Barcelona, tras ser seleccionada co seu proxecto de cooperación transfronteiriza entre Chaves e Verín "Smart Cross Border destination" (Destino transfronteirizo intelixente) pola súa estratexia innovadora de comercialización e promoción turística transfronteiriza. O proxecto foi elixido entre máis de 279 propostas, a nivel mundial, de cidades intelixentes candidatas.

Ler máis...
 
Segundo Obradoiro de Tinkercad-Creación 3D Dixital para impresoras 3d, robótica, e sácalle partido aos xogos online e á Wii na "Zona Zero" PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Xullo 2015 10:34

O próximo sábado 11 de xullo, as 17:00 horas, impartirase na 'Zona Zero', situada na Casa da Xuventude de Verín, o segundo “Obradoiro de Tinkercad-Creación 3D Dixital para impresoras 3d, robótica, e sácalle partido aos xogos online e á Wii”.

O proxecto de dinamización xuvenil e infantil "zona zero", trátase dun espazo lúdico de encontro, debate, investigación e coñecemento da tecnoloxía. A través da realización de actividades e obradoiros de carácter social e tecnolóxico, os rapaces e rapazas poderán coñecerse, unir, socializar e potenciar as súas habilidades sociais; ademais de dispor un espazo de lecer onde divertirse e relacionarse cos/coas seus/súas iguais.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 511 512 513 514 515 516 517 518 519 520 Seguinte > Final >>

Páxina 517 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>