|
Celebración do día do avó na Casa da Cultura de Verín |
|
|
|
|
Luns, 20 Xullo 2015 11:44 |
|
Os días 23 e 24 de xullo, de 11h a 12:30h, no marco do programa de envellecemento activo que se está a desenvolver dende os Servizos Sociais Comunitarios de Verín (Área de maiores) e seguindo a liña de garantir a protección dos dereitos das persoas maiores no Municipio, celebrarase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín , para o Día do avó, unha serie de actuacións, exposicións de murais e audiovisuais de actividades realizadas por os grupos de traballo da Ludoteca de Verín, Cruz vermella e C.D.R. Portas Abertas. Este evento está organizado polo Concello de Verín a través da área de maiores dos Servizos Sociais Comunitarios, a Oficina de Información Xuvenil, C.D.R. Portas Abertas e Cruz Vermella. |
|
Ler máis...
|
|
Pinchoxoves entrega o primeiro premio ao pincho "o tiramillas" do restaurante Lugano |
|
|
|
|
Venres, 17 Xullo 2015 20:17 |
|
Onte ás 20:30 celebrouse, na praza maior de Verín, a entrega de premios do concurso gastronómico PinchoXoves. Ao evento acudiron, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, os/as concelleiros Purificación Caldelas, Emilia Somoza e Jose Luís Martín e os representantes dos establecementos da Asociación de Hostaleiros dá Comarca de Monterrei (AEHCOM) que participaron no Pinchoxoves.
|
|
Ler máis...
|
|
A asemblea da AECT Chaves-Verín renova os sus órganos de goberno |
|
|
|
|
Xoves, 16 Xullo 2015 13:08 |
|
A sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT (Av. De Portugal s/n, Feces de abaixo) acolleu, o pasado 14 de xullo, una asemblea xeral extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. Lectura e ratificación da acta da sesión anterior
2. Nomeamento dos novos delegados da AECT polo Concello de Verín e ratificación do mandato de todos os membros da asemblea.
3. Toma de posesión del novo Director da AECT
4. Estado de situación da AECT
5. Outros asuntos
|
|
Ler máis...
|
|
"Tras o éxito da primeira edición da Andaina Gastronómica, a ruta de pinchos -PinchoXoves- continuará todos os xoves do ano |
|
|
|
|
Xoves, 16 Xullo 2015 11:23 |
|
Tras o éxito da primeira edición da
Andaina Gastronómica PinchoXoves, celebrada durante dous fins de semana do 2 ao 4 e do 9 ao 11 de xullo, a Asociación deHosteleiros dá Comarca de Verín (AEHCOM) decidiu instaurar, todos os xoves, unha ruta de pinchos permanente na que cada establecemento ofrecerá o seu pincho con por un módico prezo de 1,5 euros. Deste xeito, por apenas dez euros, unha persoa poderá gozar, cada xoves, dunha ampla variedade de pinchos da mellor cociña nos establecementos participantes. |
|
Ler máis...
|
|
Feira de Verán na Praza da Alameda |
|
|
|
|
Mércores, 15 Xullo 2015 16:16 |
|
Aproveitando a maior afluencia de xente nestes meses estivais o Concello de Verín organiza, este domingo 19 de xullo, a feira de verán.
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 511 512 513 514 515 516 517 518 519 520 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 516 de 1008 |