|
Seminario “Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación” na aula ceMIT de Verín |
|
|
|
|
Venres, 04 Setembro 2015 12:46 |
|
O xoves 10 de setembro, de 17:00 a 20:30 horas, a aula CeMIT de Verín acollerá, mediante videoconferencia, o seminario impartido por Luís Alberto Fernández Marqués (Xerente de Agasol – Asociación de Empresas Galegas de Software Libre-) no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela “Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación”.
|
|
Ler máis...
|
|
A Eurocidade Chaves-Verín acolle o XI Maratón BTT “Rota do Presunto 2015” |
|
|
|
|
Xoves, 03 Setembro 2015 10:00 |
|
Durante os días 12 e 13 de setembro, levarase a cabo en Chaves e Verín o XI Maratón "Rota do Presunto 2015", organizado conxuntamente polo Club de ciclismo de montaña e a Câmara Municipal de Chaves, co apoio da agrupación de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín.
|
|
Ler máis...
|
|
Entrega dos Diplomas acreditativos do labor de voluntariado na Bibliopiscina |
|
|
|
|
Mércores, 02 Setembro 2015 18:56 |
|
O vindeiro venres 4 de setembro, ás 19:30 horas, farase entrega na Casa do Concello dos Diplomas acreditativos do labor de voluntariado levada a cabo por 16 rapaces/zas, con idades comprendidas entre os 9 a 21 anos, na Bibliopiscina coa supervisión do persoal da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. |
|
Ler máis...
|
|
O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, representou ao Concello de Verín no seminario final do Proxecto Equilibrio Balance en Madrid |
|
|
|
|
Mércores, 02 Setembro 2015 17:02 |
|
O tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, participou esta mañá no seminario final do Proxecto Equilibrio Balance para falar sobre traballo e vida laboral. O seminario, que se celebrou no Salón de Actos da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade os días 1 e 2 de setembro, está organizado polo Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades (IMIO) en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Asociación Noruega de Autoridades Locais e Rexionais (KS).
|
|
Ler máis...
|
|
“Los Demonios de un ángel. Segunda parte” na Biblioteca Pública de Verín |
|
|
|
|
Mércores, 02 Setembro 2015 09:33 |
|
O vindeiro venres 11 de septembro, ás 19:00 horas, O escritor Domigo Herbella Rivero presentará a sua obra "Los demonios de un ángel – segunda parte-” na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 501 502 503 504 505 506 507 508 509 510 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 507 de 1008 |