|
O Concello de Verín creará un rexistro municipal para facilitar a acollida de persoas refuxiadas |
|
|
|
|
Luns, 07 Setembro 2015 13:35 |
|
Esta maña, na sesión plenaria ordinaria celebrada na Casa Consistorial de Verín, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, anunciou que comunicará ao Goberno Central e ao Goberno Galego a súa vontade de cooperar e acoller temporalmente persoas refuxiadas establecendo un Rexistro Municipal no que as familias do Concello de Verín se poidan anotar para acoller temporalmente refuxiados, servindo a institución municipal de intermediaria.
|
|
Ler máis...
|
|
16 rapaces/zas reciben Diplomas acreditativos pola seu labor de voluntariado na Bibliopiscina |
|
|
|
|
Sábado, 05 Setembro 2015 17:35 |
|
Onte, venres 4 de setembro ás 19:30 horas, fíxose entrega na Casa do Concello dos Diplomas acreditativos do labor de voluntariado levada a cabo por 16 rapaces/zas, con idades comprendidas entre os 9 a 21 anos, na Bibliopiscina coa supervisión do persoal da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.
|
|
Ler máis...
|
|
Seminario “Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación” na aula ceMIT de Verín |
|
|
|
|
Venres, 04 Setembro 2015 12:46 |
|
O xoves 10 de setembro, de 17:00 a 20:30 horas, a aula CeMIT de Verín acollerá, mediante videoconferencia, o seminario impartido por Luís Alberto Fernández Marqués (Xerente de Agasol – Asociación de Empresas Galegas de Software Libre-) no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela “Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación”.
|
|
Ler máis...
|
|
A Eurocidade Chaves-Verín acolle o XI Maratón BTT “Rota do Presunto 2015” |
|
|
|
|
Xoves, 03 Setembro 2015 10:00 |
|
Durante os días 12 e 13 de setembro, levarase a cabo en Chaves e Verín o XI Maratón "Rota do Presunto 2015", organizado conxuntamente polo Club de ciclismo de montaña e a Câmara Municipal de Chaves, co apoio da agrupación de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín.
|
|
Ler máis...
|
|
Entrega dos Diplomas acreditativos do labor de voluntariado na Bibliopiscina |
|
|
|
|
Mércores, 02 Setembro 2015 18:56 |
|
O vindeiro venres 4 de setembro, ás 19:30 horas, farase entrega na Casa do Concello dos Diplomas acreditativos do labor de voluntariado levada a cabo por 16 rapaces/zas, con idades comprendidas entre os 9 a 21 anos, na Bibliopiscina coa supervisión do persoal da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 501 502 503 504 505 506 507 508 509 510 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 502 de 1003 |