Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Comeza o Club da Calceta 'Tecendo Soños' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Setembro 2015 13:31

Maña xoves 1 de outubro, as 16:00 horas, comeza, dentro da iniciativa Escola de Familia, o Club da Calceta 'Tecendo Soños'. Esta iniciativa está destinada a converterse nun lugar de encontro entre as persoas interesadas en compartir a arte de tecer e outras artes (ganchillo, decoración de tellas, alfombras, lectura, etc.). Nesta ocasión daralles a benvida a tódalas participantes José Luis Martín, Concelleiro da Área de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Ler máis...
 
Outubro o mes das Bibliotecas Actividades na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Setembro 2015 10:47

Durante todo o mes de outubro a Biblioteca Municipal de Verín celebrará o día Internacional da Biblioteca (24 de outubro) cun completo ciclo de actividades de contacontos, manualidades, talleres, conferencias e presentacións de libros.

Ler máis...
 
VI Festival de Teatro Entreculturas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Setembro 2015 10:37


A Casa da Cultura de Verín acollerá, nos meses de outubro e novembro, as representacións do 'VI Festival de Teatro Entreculturas” no que participarán grupos e compañías de teatro amateur de Galicia e Portugal.

Ler máis...
 
Axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2015/16 nas universidades do Sistema universitario de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Setembro 2015 11:10

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da ORDE do 16 de setembro de 2015 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2015/16 nas universidades do Sistema universitario de Galicia. Toda a información no seguinte ENLACE

 
Pleno extraordinario urxente PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Setembro 2015 18:58


O salón de plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:




1.- Ratificación da urxencia da convocatoria.

2.- Aprobación, se procede, do borrador da acta de sesión ordinaria de data 07.09.2015 (Acta nº 10/2015).

3. – Operación de crédito a curto prazo 1/2015: Anticipo de tesourería.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 501 502 503 504 505 506 507 508 509 510 Seguinte > Final >>

Páxina 501 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>