|
AEVER-CCU Verín entrega o seu premio de 1.000 euros da promoción "Este Nadal merca en Verín” |
|
|
|
|
Luns, 04 Xaneiro 2016 16:57 |
|
Onte, ás 18:00 horas, o presidente da Asociación de Comerciantes de Verín (Aever), Santos Álvarez, o xerente do colectivo, José Ángel Rodicio, e as concelleiras de Turismo, Purificación Caldelas, e Cultura, Emilia Somoza, fixeron entrega do premio de 1000 € correspondente á promoción “Este Nadal merca en Verín” a Gloria Castro Fariñas. |
|
Ler máis...
|
|
COMUNICADO: Cabalgata e Gala de Reis 2016 |
|
|
|
|
Luns, 04 Xaneiro 2016 16:52 |
|
Ademais do dispositivo especial de seguridade, a Concellería de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil do Concello de Verín tamén valorou a posibilidade de que a cabalgata se desenvolva en condicións meteorolóxicas adversas. No caso de que as choivas sexan de carácter leve, a intención é mantela. Polo contrario, se se confirma a chegada dun temporal con ventos e precipitacións fortes, a organización optará por suspender a cabalgata.
En calquera dos casos, manterase a apertura de portas do Pavillón Municipal de Deportes, ás 17:10 horas, para celebrar a tradicional Gala de Reis ás 18:00 horas. |
|
Verín celebra o seu Cotillón infantil |
|
|
|
|
Mércores, 30 Decembro 2015 14:04 |
|
Mañá xoves 31 de decembro, os nenos e nenas de Verín, a partir das 10:00 horas, poderán despedir o ano celebrando un divertido Cotillón Infantil no Pavillón Municipal de Deportes. Os/as menores gozarán con música de Nadal, doces, maquillaxe de festa e gominolas, e cando cheguen ás 12:00 horas, badaladas para despedir o ano 2015. |
|
Ler máis...
|
|
Reunión do equipo encargado de coordinar o Dispositivo de Seguridade da Cabalgata de Reis |
|
|
|
|
Mércores, 30 Decembro 2015 10:53 |
|
Esta mañá tivo lugar unha reunión técnica enfocada a coordinar os diferentes equipos que interveñen no dispositivo de seguridade especial para a Cabalgata e a Gala dos Reis Magos, que terá lugar en Verín o día 5 de xaneiro. |
|
Ler máis...
|
|
Subvencións para a promoción do emprego autónomo para o ano 2016 |
|
|
|
|
Martes, 29 Decembro 2015 19:39 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 471 472 473 474 475 476 477 478 479 480 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 480 de 1003 |