Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Os Concellos de val de Monterrei asinaron onte un documento histórico declarando a auga “elemento estratéxico" PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 30 Outubro 2016 00:00

Os alcaldes da Mancomunidade de Municipios de Verín subscribiron o sábado 29 de outubro a declaración institucional que recolle o compromiso explícito destes municipios co medio ambiente do val, a adopción de políticas de sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente. Con todo, o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, fixo un chamamento ao desenvolvemento concreto de proxectos que poderían optar ata a 20 millóns de euros.

Ler máis...
 
O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín -VÍA XIV- inicia oficialmente a súa axenda de eventos cun ciclo de conferencias culturais e audiovisuais PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Outubro 2016 12:37

O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín -VÍA XIV- inicia oficialmente a súa  axenda de eventos cun completo Ciclo de conferencias culturais e audiovisuais, que terá lugar durante os días 8, 15, 23 e 30 de novembro, enfocado a realizar un primeiro acercamento ás temáticas oficiais do festival -Emigración, Fronteiras e Entroido- e a propia Vía XIV, como elemento vertebrador das mesmas.

Ler máis...
 
O IES García Barbón estrea App para dispositivos móbiles android PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Outubro 2016 11:26

Os alumnos do IES García Barbón contan xa, para este ano lectivo, cunha nova App para dispositivos móbiles. Esta nova ferramenta dixital forma parte dunha tripla guía, que xunto coa súa versión web e o seu equivalente en papel, integran un completo recurso tecnolóxico multiplataforma que busca optimizar o acceso dos alumnos a toda a información básica sobre o funcionamento do centro e os servizos que ofrece.

Ler máis...
 
O cine comercial volta a Verín na ponte de Defuntos PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Outubro 2016 15:33

O cine comercial volta a Verín dende este venres, cunha programación especial centrada nos filmes de estrea do xénero de terror para a ponte de Defuntos. O Goberno municipal retoma así o que califica como “exitoso experimento”, segundo o alcalde, Gerardo Seoane, “para fixar poboación as fins de semana na vila”, que concluíu na primeira metade do ano con 6.000 espectadores.

Ler máis...
 
Os concellos do Val de Monterrei asinan este sábado un documento histórico declarando a auga “elemento estratéxico” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Outubro 2016 11:45

O sábado 29 de outubro, ás 18:00 horas, terá lugar a terceira xornada sobre o medio ambiente e farao cun acto histórico: a asina da Declaración de Verín en defensa do medio ambiente e o río Támega por parte de todos os alcaldes pertencentes á Mancomunidade de Municipios e a Presidenta da Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio Neves Amado.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 411 412 413 414 415 416 417 418 419 420 Seguinte > Final >>

Páxina 413 de 1003
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>