|
O Concello de Verín doa un traxe de Cigarrón ó Museo Galego do Entroido |
|
|
|
|
Martes, 20 Decembro 2016 15:29 |
|
-Emilia Somoza destacou que esta figura se considera xa "unha icona da cultura europea". O Concello de Verín, na persoa da súa Concelleira de Cultura, Emilia Somoza, realizou a cesión dun traxe completo de cigarrón ao Museo Galego do Entroido, para a conservación e exhibición patrimonial neste centro da vestimenta orixinal da figura central deste ciclo festivo. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín e Dentalnova asinan un convenio para prestar asistencia a nenos e nenas con enfermidades crónicas ou risco de exclusión, e poñer en marcha o “Calcetín solidario” |
|
|
|
|
Venres, 16 Decembro 2016 14:54 |
|
O Concello de Verín e a entidade sanitaria Dentalnova veñen de asinar un convenio do cal se beneficiarán nenos e nenas do termo municipal con enfermidades crónicas graves ou risco de exclusión social, de ata 12 anos, con tratamentos odontolóxicos “sen restricción de nengún tipo” e un máximo de 11 pacientes ao ano. |
|
Ler máis...
|
|
Verín contará cunha pista de patinaxe sobre xeo na Praza Maior por segundo nadal consecutivo |
|
|
|
|
Mércores, 14 Decembro 2016 16:05 |
|
-O alcalde, Gerardo Seoane, destacou a importancia de “sacar á xente a rúa para que fagan as súas compras en Verín”
Por segundo nadal consecutivo, os nenos e maiores aficionados á patinaxe sobre xeo terán un incentivo máis en Verín. Gracias á colaboración do Concello coas asociacións de hostelería e comercio, Aehcom e Aever, entre o 22 de decembro e o 1 de xaneiro estará instalada unha pista de xeo na Praza Maior. Ademáis, para dinamizar o comercio local, o día 3 de xaneiro celebraráse no Pavillón de Deportes unha “Gala Máxica”, con magos e ilusionistas, e o sorteo de 1.000 euros para gastar nas tendas de Verín. |
|
Ler máis...
|
|
Presentación da obra: “Ourense, Galeguidade e Excelencia na obra de Cela”, de Xosé Carlos Caneiro |
|
|
|
|
Mércores, 14 Decembro 2016 15:49 |
|
O vindeiro xoves 15 de Decembro, ás 20:00h. a Biblioteca do Concello organiza a presentación do libro “Ourense, galeguidade e excelencia na obra de Camilo José Cela”, do noso autor, Xosé Carlos Caneiro, editado pola Deputación de Ourense, que terá lugar no salón de actos do Concello de Verín. |
|
Ler máis...
|
|
A Praza Maior de Verín acolle esta fin de semana a II Feira de Nadal, con artesanía, productos navideños, animación e a participación dos centros de ensino da vila |
|
|
|
|
Martes, 13 Decembro 2016 15:30 |
Os próximos sábado e domingo, 17 e 18 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a II Feira de Nadal, organizada polo Concello, que contará coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde porán a disposición dos veciños os seus propios productos artesanais. A feira contará con animación, concursos e música.
|
|
Ler máis...
|
|
|