|
Entrega de premios do Concurso de Escaparates de Nadal 2016 de Verín |
|
|
|
|
Venres, 30 Decembro 2016 12:49 |
|
Esta maña, o Presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, Juan Carlos Parada Rúa, e o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo Moura, entregaron na casa consistorial os diplomas do Concurso de Escaparates de Nadal de Verín. |
|
Ler máis...
|
|
Verín celebra o seu Cotillón infantil |
|
|
|
|
Venres, 30 Decembro 2016 12:47 |
|
Mañá sábado 31 de decembro, a partir das 10:00 horas, os nenos e nenas de Verín poderán despedir o ano celebrando un divertido Cotillón Infantil no Pavillón Municipal de Deportes. Os/as menores gozarán cunha disco móbil con música de Nadal, animación, baile, photocall, e cando cheguen ás 12:00 horas, badaladas para despedir o ano 2016. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín aposta pola dinamización do medio rural |
|
|
|
|
Xoves, 29 Decembro 2016 13:39 |
|
O Concello de Verín vén de asinar esta mañá un convenio marco de colaboración con nove asociacións de mulleres rurais de Verín polo que outorga unha subvención de 500 euros, a cada unha delas, polo seu excelente traballo realizado durante o ano 2016 como axentes dinamizadores do medio rural. |
|
Ler máis...
|
|
O Fondo Galego contribuíu á recuperación dun Concello ecuatoriano tras o terremoto |
|
|
|
|
Xoves, 29 Decembro 2016 10:02 |
|
O terremoto de 7,8 graos que deixou 673 persoas mortas en Ecuador é unha das principais catástrofes rexistradas no ano que remata. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Verín, contribuíu a paliar as súas consecuencias cofinanciando a reposición dos sistemas informáticos do Concello de Jama, a segunda cidade máis afectada polo sismo, a pouco máis de 50 km do seu epicentro. |
|
Ler máis...
|
|
DISPOSITIVO ESPECIAL DE SEGURIDADE PARA A CABALGATA E GALA DE REIS 2017 |
|
|
|
|
Mércores, 28 Decembro 2016 11:36 |
|
Co fin de continuar coa liña en materia de seguridade e autoprotección en eventos que conten cunha gran afluencia de público asistente, a Concellería de Seguridade Cidadá, tráfico e Protección Civil do Concello de Verín preparou un dispositivo de seguridade especial para a Cabalgata e Gala dos Reis Magos, que terá lugar o 05 de xaneiro. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 391 392 393 394 395 396 397 398 399 400 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 400 de 1003 |