|
Verín acolle desde hoxe a exposición fotográfica «Oficios entre lusco e fusco» |
|
|
|
|
Xoves, 19 Xaneiro 2017 13:03 |
|
A Sala de Exposicións de Verín acolle desde esta mañá, ás 10.30 horas, a mostra fotográfica «Oficios entre lusco e fusco», que o Concello organiza xunto a ABANCA e Afundación. Composta por imaxes do fotógrafo Xosé Abad, a mostra, que se poderá visitar ata o 11 de febreiro, ten como obxectivo reflexionar sobre a desaparición de moitos oficios pola mecanización do traballo e a produción en masa no ámbito da sociedade de consumo, ensinando como a calidade da produción, a experiencia como garantía ou a consideración cara aos profesionais, son valores que están en claro retroceso. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín pon en marcha a IV fase do Plan de Rehumanización grazas a un convenio co INEM |
|
|
|
|
Mércores, 18 Xaneiro 2017 10:53 |
|
Preto dunha vintena de traballadores comezan estes días a IV fase do Plan de Rehumanización de Verín, reiniciando a plantación de árbores, acondicionamento de zonas verdes, limpeza de beirarrúas e diversas tarefas medio ambientais. Entre elas, a máis destacada será a dotación de puntos urbanos de recollida de lixo, dos que xa comezaron co da rúa da Cruz, que ocultará os contenedores na zona vella adxacente á Praza Maior. |
|
Ler máis...
|
|
Passengers no cinema municipal de Verín |
|
|
|
|
Luns, 16 Xaneiro 2017 11:53 |
|
Durante os días 20 e 21 e 22 de xaneiro , o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película Passengers no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
|
Ler máis...
|
|
O próximo xoves, na Casa da Cultura de Verín, charla formativa sobre as cláusulas chan |
|
|
|
|
Luns, 16 Xaneiro 2017 09:07 |
A entidade OVB organiza unhas xornadas de información económica, que terán lugar o próximo xoves entre as 18:30 e as 20:30 horas na Casa da Cultura de verín, na que se tratarán -entre outros- diversos aspectos sobre as cláusulas chan e o endebedamento hipotecario, así como ferramentas de planificación para xestionar estes productos financeiros. |
|
Ler máis...
|
|
A Biblioteca do Concello de Verín xa está a traballar no rexistro, clasificación e catalogación dos antigos xornais de Verín. |
|
|
|
|
Venres, 13 Xaneiro 2017 12:46 |
|
A Biblioteca do Concello de Verín acaba de recibir, grazas a doazón de D. Santiago Cid Harguindey, a reproducción dos antigos xornais que tiña Verín, coma eran Támega, Heraldo de Verín, Eco de Monterrey, La Opinión, El Cencerro, etc., que recollen a vida no Val do Támega, nos comezos do século XX, e aportan unha gran información sobre a época en artigos e anuncios. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 391 392 393 394 395 396 397 398 399 400 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 397 de 1003 |