|
A Oficina de Consumo de Verín atendeu 526 expedientes entre reclamacións, consultas e mediacións ao longo do ano 2016 |
|
|
|
|
Xoves, 26 Xaneiro 2017 13:10 |
|
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Verín, dependente da Concellería de Turismo, comercio, balnearios e transporte, dirixida por Purificación Caldelas , atendeu un total de 526 expedientes. Segundo se destaca no seu informe anual as atencións dispensadas ao longo do ano 2016 foron 95 consultas, 43 mediacións e 388 reclamacións que se enviaron a organismos como a Secretaría de Estado de Telecomunicacións, Banco de España, Comisión Nacional do Mercado de Valores, Industria, Instituto Galego de Consumo, Defensor do Asegurado Xunta Arbitral de Consumo e Xunta Arbitral de Transportes. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín completa A Primeira Fase Do seu Plan de seguridade vial nos colexios |
|
|
|
|
Martes, 24 Xaneiro 2017 18:56 |
|
O Concello de Verín ven de implantar a primeira fase do seu plan de seguridade vial para os colexios da vila. Mediante acordos cos centros, que recollen as inquedanzas dos pais a alumnos, o Concello aplicou unha batería de medidas destinadas a mellorar a seguridade vial nos periodos de entrada e recollida dos nenos, que remata coa instalación dunha barandilla de seguridade na porta do colexio María Inmaculada. |
|
Ler máis...
|
|
Animales fantásticos y donde encontrarlos no cinema municipal de Verín |
|
|
|
|
Luns, 23 Xaneiro 2017 11:28 |
|
Durante os días 27 e 28 e 29 de xaneiro , o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película Animales fantásticos y donde encontrarlos no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
|
Ler máis...
|
|
A Eurocidade Chaves-Verín presenta en Fitur a comercialización do primeiro produto turístico transfronteirizo da Unión Europea. |
|
|
|
|
Venres, 20 Xaneiro 2017 11:33 |
|
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín, presentou hoxe na Feira Internacional de Turismo Fitur 2017 a comercialización do primeiro produto turístico transfronteirizo da Unión Europea. O produto vira ao redor da ruta termal e da auga Verín-Chaves-Vidago dando a posibilidade de adquirir un paquete de 4 días (3 noites) na Eurocidade da auga para coñecer as tres vilas termais desde 195 euros por persoa/día. Ana Pastor, clausurou xunto con Nava Castro a presentación do destino transfronteirizo Chaves-Verín encomiando o proxecto de Cooperación e os logros conseguidos nos últimos anos como "un referente, sen dúbida, na península ibérica". |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade |
|
|
|
|
Xoves, 19 Xaneiro 2017 16:26 |
|
O Concello de Verín acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, na que participaron o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García; o xefe territorial de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza., Manuel Pardo; o alcalde en funcións, Diego Lourenzo e a concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago Lara; xunto con membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, da Policía Local e Protección Civil de Verín. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 391 392 393 394 395 396 397 398 399 400 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 396 de 1003 |