Verín é o protagonista da caseta do “Lar Gallego” de Sevilla no XI encontro de casas rexionais e provinciais de Sevilla |
|
|
|
Xoves, 10 Outubro 2019 12:07 |
Esta fin de semana, da man do Directivo da Lar Gallego de Sevilla, o verinés Genaro González Cao, Verín convértese no gran protagonista na XI edición do Encontro de Casas Rexionais e Provinciais que cada ano celébrase na Praza Nova de Sevilla, que este 2019 homenaxea á Casa de Cantabria. O presidente do Lar Gallego de sevilla, Alfredo Otero, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, farán de anfitrións para recibir na caseta do Lar gallego ao resto de presidentes das distintas casas rexionais e diferentes autoridades. |
Ler máis...
|
Campamento de voluntariado transfronteirizo Eurocidade 2020 |
|
|
|
Xoves, 10 Outubro 2019 09:57 |
A Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado do Consello de Política Social da Xunta de Galicia promove un campamento de voluntariado transfronteirizo do 4 ao 9 de novembro. Este programa ten como obxectivo crear unha actividade multidisciplinaria a través da inmersión cultural e etnográfica que promova a dinamización dos mozos a través das novas tecnoloxías. Reunir o voluntariado xuvenil e a Eurocidade, facer referencia á cultura galega e portuguesa a través da inmersión dixital e crear contacto transfronteirizo a través da alfabetización cultural, son os principais impulsores desta iniciativa. |
Ler máis...
|
FNAJ promove o emprendemento empresarial na Eurocidade |
|
|
|
Xoves, 10 Outubro 2019 09:54 |
A Fundación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal (FNAJ) levará a cabo o 19 de outubro, na sede da Eurocidade Chaves-Verín, antiga aduana española, Feces de Abaixo - Verín, España (fronteira con Chaves, Vila Real), a acción de formación “Emprendemento Empresarial” para líderes asociativos, novos, mozos desempregados, asociados e voluntarios. A inscrición é gratuíta e esténdese ata o 14 de outubro, incluído o xantar e o certificado de capacitación acreditado. |
Ler máis...
|
Aberto o prazo de inscrición para as clases de gaita, tambor e pandeireta |
|
|
|
Mércores, 09 Outubro 2019 12:11 |
As persoas que queiran aprender a tocar instrumentos de música tradicional galega (gaita, tambor ou a pandeireta) pódense inscribir na Casa do Concello nos cursos que promove o Concello de Verín. |
Ler máis...
|
Aberto o prazo de inscrición para os Expositores da Feira De Outono 2019 |
|
|
|
Mércores, 09 Outubro 2019 10:04 |
Verín celebra os días 9 e 10 de novembro a quinta edición da Feira de Outono, centrada nos productos de tempada e ecolóxicos. Todos os expositores interesados en instalar unha caseta xa se poden inscribir no Concello de Verín (Planta baixa). |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Final >>
|
Páxina 217 de 1000 |