Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

“O Mundo balneario de 1906, o soño modernista de García Barbón e Vázquez Gulías” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Novembro 2019 13:20

O día 16 de novembro, a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) escolle Verín para realizar a actividade “O Mundo balneario de 1906, o soño modernista de García Barbón e Vázquez Gulías” un conxunto de visitas guiadas nas que asistentes poderán visitar os fermosos edificios e espazos construidos por estes dous visionarios.  Devandita iniciativa e posible grazas á xenerosa colaboración dos propietarios, de Cabreiroá así como do Concello de Verín, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG-Ourense) e do Museo Virtual Daniel Vázquez-Gulías.

Ler máis...
 
A Changana Cuba Jam Party chega a Verín no marco da axenda de actividades do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Novembro 2019 12:53

O pavillón deportivo de Verín acollerá o vindeiro 5 de decembro a Changana Cuba Jam Party, unha actividade musical que combinará música electrónica cubana a cargo do coñecido DJ Joyvan Guevara Díaz e percusión por parte de Williams Richart Cardoso, tamén procedente de Cuba. “Trátase dunha animada sesión musical que chega ata a nosa vila como unha acción enmarcada dentro da axenda de ocio e de lecer que estamos a promover dende a organización do Festival de Curtas”, destaca Carlos Montero, director do certame.

Ler máis...
 
A AECT Eurocidade Chaves-Verín presentará o TUT en Bruselas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Novembro 2019 12:05

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial  Eurocidade  Chaves- Verín foi convidada pola Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea a presentar no evento  Boosting Cros- Border  Regions  through  better  Transport (Impulsando as rexións transfronteirizas a través dun mellor transporte) o traballo desenvolto pola institución no ámbito do transporte transfronteirizo.

Ler máis...
 
“O moucho que padecía de insomnio”, contacontos e manualidades na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Novembro 2019 13:00

O vindeiro 8 de novembro, ás 18:00 horas, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, acolle unha xornada de contacontos e manualidades, no marco do programa de Voluntariado Cultural para o Fomento á Lectura que acompaña a Biblioteca dende fai máis de 10 anos.

Ler máis...
 
A Universidade de Vigo e o Concello de Verín dan a coñecer a localización do castelo medieval de Cabreira, na zona do Pozo do Demo. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Novembro 2019 12:44

A Universidade de Vigo e o  Concello de Verín presentaban esta mañá, no Museo Claustro Mercedario, o achado do castelo medieval de Cabreira, na zona do Pozo do Demo. Unha edificación relacionada coa rede de fortalezas do entorno do século X que, xunto co Castelo de Lobarzán, configuraron a rede de poboamento e urbanismo primixenio do Val de Monterrei.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Final >>

Páxina 211 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>