“Mascotas 2” e “Terminator, destino oscuro” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Martes, 05 Novembro 2019 10:53 |
Durante os días 8, 9 e 10 de novembro, o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “Mascotas 2” e “Terminator, destino oscuro” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
Os comerciantes e empresarios de Verín volven apoiar o FIC Vía XIV ao promover un concurso de escaparatismo sobre cinema e co patrocinio da Homenaxe a Mabel Rivera |
|
|
|
Luns, 04 Novembro 2019 15:39 |
Un ano máis, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, apoiará o desenvolvemento do FIC Vía XIV coa posta en marcha dunha serie de accións promocionais en diversos establecementos da vila. O xerente de Aever, Jose Ángel Rodicio, comprometeu o apoio da organización que preside Santos Álvarez Diéguez ao director do certame, Carlos Montero, posto que considera que “o festival vai atraer ata a vila novamente a numeroso público e isto redundará positivamente no comercio e na restauración locais”. |
Ler máis...
|
O Museo Claustro Mercedario de Verín obsequiará cun agasallo ao seu visitante número 25.000. |
|
|
|
Venres, 01 Novembro 2019 12:28 |
O Museo Claustro Mercedario de Verín está a organizar un evento especial para conmemorar a chegada aos seus primeiros 25.000 visitantes. Esta semana superou a franxa dos 24.700, unha cifra que puxo en alerta aos responsables deste centro para levar a cabo os preparatorios necesarios para dita celebración. |
Ler máis...
|
Pleno Extraordinario Urxente: 31 de outubro 2019 |
|
|
|
Xoves, 31 Outubro 2019 14:36 |
O salón de plenos do Concello de Verín acolleu hoxe, 31 de outubro, unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:
1.RATIFICACIÓN DA URXENCIA DA CONVOCATORIA
2. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE DATA
21.10.2019
3. Expediente 3812/2019. APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO ORZAMENTO 2017
4. Expediente 4239/2019. Modificación de Crédito
5. Expediente 4479/2019. Modificación de Crédito
|
Ler máis...
|
Posposta a Feira de Outono debido á previsión de mal tempo |
|
|
|
Mércores, 30 Outubro 2019 14:29 |
O Concello de Verín pospón a Feira de Outono programada para os días 9 e 10 de novembro debido á previsión de inclemencias meteorolóxicas. O evento se trasladará ao 7 e 8 de decembro, unificándoo coa Feira de Nadal. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Final >>
|
Páxina 212 de 1000 |