O reporteiro Fede Arias, do programa “Mejor Contigo” de RTVE será nomeado “Capuchón de Verín 2022” |
|
|
|
Mércores, 23 Febreiro 2022 13:10 |
Fede Arias, reporteiro e presentador do programa “Mejor Contigo” de RTVE, será nomeado mañá en Verín “Capuchón 2022”. O ente municipal outorgaralle dita mención honorífica en recoñecemento ao seu traballo visibilizando a riqueza cultural dos pobos e municipios do noso país. |
Ler máis...
|
45 actuacións musicais itinerantes e unha vintena de actividades infantís conforman a programación do Entroido de Verín 2022 |
|
|
|
Martes, 15 Febreiro 2022 13:16 |
Esta mañá, o Concello de Verín presentou a que será a súa programación oficial do Entroido 2022. A pesar de non organizarse ningún evento masivo -coa finalidade de evitar as aglomeracións de xente- será un ano no que, con máis de cen horas programadas de música na rúa, a festa e a diversión están aseguradas. |
Ler máis...
|
Verín proxecta desenvolver no Pozo do Demo o maior atractor turístico do sur de Galicia cos Next Generation |
|
|
|
Luns, 14 Febreiro 2022 13:58 |
O Concello de Verín reordenará os recursos turísticos que encerra o Pozo do Demo desde unha nova e rompedora óptica: un Museo Natural ao aire libre fará visitables, mediante seis rutas temáticas, os inxentes recursos naturais, xeolóxicos, arqueolóxicos e históricos que aglutina esta paraxe tan querida en Verín. O plan prevé a recuperación de varios megalitos, así como a escavación completa do Bouzadoiro e do enclave no que os historiadores atoparon os restos do Castelo de Cabreira, así coma unha ruta especial dedicado á batalla contra as tropas de Napoleón en 1809. |
Ler máis...
|
A Biblioteca de Verín presenta a quinta edición das súas Xornadas de Novela Histórica |
|
|
|
Mércores, 09 Febreiro 2022 12:12 |
Os vindeiros 25 e 26 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín converterá, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a quinta edición das “Xornadas de Novela Histórica”. Nesta volta levarán por título “Novas miradas na Novela Histórica”, e participarán nas mesmas escritores e escritoras de primeiro nivel que disertarán sobre temáticas moi diversas, dentro de devandito xénero literario. |
Ler máis...
|
O artista local Fernando Barreira deseña o cartel oficial do Entroido 2022 de Verín |
|
|
|
Xoves, 03 Febreiro 2022 14:20 |
O Entroido 2022 de Verín xa ten imaxe oficial. O cartel ilustrador de esta edición foi presentado esta mañá na vila do Támega polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e por Fernando Barreira, artista local autor do mesmo. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>
|
Páxina 107 de 1000 |