O Concello de Verín abre a inscrición para os expositores das feiras do Lázaro |
|
|
|
Venres, 11 Marzo 2022 12:09 |
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores das feiras de alimentación e artesanía do Lázaro, que terán lugar os días 2 e 3 de abril no Pavillón de Deportes de Verín. Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 21 de marzo de 2022. |
Ler máis...
|
“Spider-Man, No way home” e “Canta 2” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Xoves, 10 Marzo 2022 10:45 |
Durante os días 11, 12 e 13 de marzo o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “Spider-man, No way Home” e “Baila 2” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
Reciclar envases terá premio en Verín |
|
|
|
Venres, 04 Marzo 2022 13:40 |
Esta mañá, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, reuniuse na casa do concello cos responsables de varios supermercados da vila para expoñerlle o seu novo proxecto piloto de reciclaxe de envases. Consistirá na instalación de máquinas de recollida selectiva que ofrecerán un incentivo ecolóxico a cambio da reciclaxe de latas e envases de plástico e vidro. |
Ler máis...
|
Venda de entradas para as V Xornadas de Novela Histórica |
|
|
|
Xoves, 03 Marzo 2022 17:33 |
Dende a Biblioteca do Concello de Verín informan que a partir de hoxe xoves 3 de marzo estarán dispoñibles as entradas para as V Xornadas de Novela Histórica “Novas Miradas na Novela Histórica”, que se celebrarán os días 25 e 26 de marzo no Auditorio de Verín. As entradas para cada día teñen un prezo simbólico de 2 Euros e que evite a retirada das mesmas sen completa seguridade de acudir as xornadas e así evitar que veciños e veciñas que desexen acudir queden sen elas tal e como aconteceu o ano pasado. Así mesmo todo o recadado será destinado ao fondo bibliográfico da Biblioteca e o conxunto de actividades para o fomento á lectura. |
Ler máis...
|
Verín recibiu aos autocaravanistas de AGA, que percorren o sur de Galicia nun roteiro enolóxico |
|
|
|
Xoves, 03 Marzo 2022 13:42 |
Esta mañá, máis de medio centenar de autocaravanistas visitaron o Museo de Verín no marco do Roteiro do Viño organizado por AGA (Asociación Galega de Autocaravanas). Os mesmos, acompañados do seu vicepresidente, Xosé Anxo Cid, foron recibidos nas instalacións municipais polo tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, quen aproveitou para anunciarlles que a vila do Támega contará unha nova área municipal de autocaravanas antes de que finalice este ano 2022. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>
|
Páxina 106 de 1000 |