Gerardo Seoane pide a axuda da Xunta para conseguir autonomía enerxética para aldeas mediante enerxía solar |
|
|
|
Xoves, 07 Abril 2022 13:24 |
O alcalde de Verín lanzou hoxe unha novidosa idea nunha mesa de traballo sobre captación de fondos europeos: adiantou que o Concello prepara un proxecto para dotar de autonomía enerxética aos 16 núcleos do rural de Verín, mediante enerxía solar. O rexedor fixo este anuncio nunha xornada de Agader que reuniu aos alcaldes da comarca de Monterrei para deseñar o Plan Integral de Recuperación da área suroriental de Ourense. |
Ler máis...
|
“O gran camiño” “Código Emperador” e “Ainbo, la guerrera del Amazonas” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Xoves, 07 Abril 2022 10:28 |
Durante os días 8, 9 e 10 de abril o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “O gran camiño”, “Ainbo, la guerrera del Amazonas” e "Código Emperador” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
O xornalista Fernando Rueda presenta a súa obra “Al servicio de su majestad” na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Mércores, 06 Abril 2022 13:31 |
O venres 22 de abril, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal de Verín acollerá a presentación da obra Al servicio de su majestadde Fernando Rueda, probablemente un dos xornalistas que máis sabe sobre o mundo dos espías e o centro nacional de intelixencia (CNI). |
Ler máis...
|
Verín proxectará os filmes gañadores dos premios Mestre Mateo |
|
|
|
Mércores, 06 Abril 2022 11:28 |
O Concello de Verín vén de sumarse ao Ciclo Mestre Mateo, un circuíto de cinema galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense, dirixido a concellos e vilas que desexen incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual. |
Ler máis...
|
O 93 por cento dos expositores volverían a participar na Feira do Lázaro |
|
|
|
Martes, 05 Abril 2022 13:40 |
Esta mañá, o concelleiro da área de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, realizaron un balance «moi positivo» dos resultados da Feira do Lázaro de Verín celebrada entre os días 1 e 3 de abril no Pavillón Municipal de Deportes. Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que os stands enquisados dan un notable de media ás vendas e o 93% por cento dos mesmos volverían a participar no evento. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>
|
Páxina 103 de 1000 |