Tarde de deporte na praia fluvial |
|
|
|
Martes, 19 Xullo 2022 13:15 |
Este Xoves 21 na Praia Fluvial poderedes gozar dunha tarde de exercicios e fitness ao aire libre. A sesión será ás 20:30 e gratuíta, só precisades de vos apuntar en masdeporte.laregion.es Da man do xornal La Región, a monitora de fitness Paula Cao achegarase ata Verín para acompañarnos nunha sesión de exercicio físico á beira do Támega.
|
Ler máis...
|
O C.R.D.O. Monterrei e o Concello de Verín asinan un convenio de colaboración para a XV Feira do Viño de Monterrei |
|
|
|
Venres, 15 Xullo 2022 14:12 |
A presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre as dúas entidades destinado á organización da próxima edición da Feira do Viño de Monterrei, que terá lugar entre o 12 e 14 de agosto. |
Ler máis...
|
A Ludoteca e o Campamento urbano do Concello de Verín visitarán o parque acuático Naturewaterpark de Vila Real |
|
|
|
Venres, 15 Xullo 2022 11:34 |
O vindeiro martes día 19 de xullo, un total de 46 nenos e nenas do Campamento Urbano e da Ludoteca do Concello de Verín, viaxarán a Vila Real -acompañados de catro monitores- para pasar una divertida xornada no parque acuático Naturwaterpark, o primeiro totalmente ecolóxico de Portugal. |
Ler máis...
|
Mauthausen, regreso ao campo da morte, un documental realizado polo xornalista e historiador galego Manolo Torrente en 1989, exhibirase no FIC Vía XIV de Verín |
|
|
|
Xoves, 14 Xullo 2022 16:12 |
Un documental de aproximadamente 25 minutos de duración dirixido e guionizado hai máis de tres décadas polo xornalista e historiador galego Manolo Torrente poderá verse, no marco das actividades paralelas, na vindeira edición do FIC Vía XIV de Verín. Trátase de Mauthausen, regreso ao campo da morte, que conta a historia de dous galegos que conseguiron saír con vida do horror daquel campo de concentración: Enrique Doval, natural de Lugo, e Xaquín Balboa, procedente de Estevesiños. |
Ler máis...
|
A XV Feira do Viño de Monterrei xa ten cartel anunciador |
|
|
|
Xoves, 14 Xullo 2022 11:46 |
A próxima edición da Feira do Viño de Monterrei xa conta con cartel anunciador. A proposta seleccionada, de Alfredo León Mañú, foi elixida entre un total de 34 traballos presentados ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Final >>
|
Páxina 91 de 1000 |