Os cativos da ludoteca celebran o día dos avós e o día de Galicia |
|
|
|
Martes, 26 Xullo 2022 13:13 |
O 26 de xullo Verín está de celebración, dedica unha xornada aos máis maiores e festexa tamén o día de Galicia. Os rapaces e rapazas da ludoteca celebraron o día dos avós e avoas con actividades centradas na temática da terceira idade. Elaboraron traballos manuais e artesanía para regalarlla aos seus maiores, e escribiron mensaxes para eles, que de seguro os emocionarán. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín presenta o programa da Batucada 2022 |
|
|
|
Xoves, 21 Xullo 2022 12:37 |
O 29 e 30 de xullo, Verín recupera a súa tradicional Batucada. Segundo confirmou esta mañá Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos. Serán dúas xornadas repletas de música, auga e diversión para toda as idades. |
Ler máis...
|
Tarde de fitness na Praia Fluvial |
|
|
|
Martes, 19 Xullo 2022 13:04 |
Este Xoves 21 na Praia Fluvial poderedes gozar dunha tarde de exercicios e fitness ao aire libre. A sesión será ás 20:30 e gratuíta, só precisades de vos apuntar en masdeporte.laregion.es |
Ler máis...
|
Chegan os días grandes para os menores da ludoteca e do campamento urbano do Concello de Verín |
|
|
|
Xoves, 21 Xullo 2022 12:23 |
Rematado o día de onte no parque acuático Naturewaterpark de Vila Real, chega un tempo cheo de actividades para os nosos nenos e nenas. Unha serie de xornadas pensadas para os máis novos terá lugar entre os días 21 e 29 de xullo, rematando co gran final: o Desfile da Ludobatucada, que este ano xirará entorno a temática McDonald´s.
|
Ler máis...
|
A biblioteca de Verín, un ano máis entre as mellores de España |
|
|
|
Mércores, 20 Xullo 2022 13:35 |
A biblioteca municipal de Verín ven de recibir o premio María Moliner de proxectos de animación á lectura en concellos de menos de 50.000 habitantes. O proxecto “Voluntariado Cultural: Rapaces/as que prestan o seu tempo para fomentar a lectura” conseguiu unha das 10 puntuacións máis altas de todo o país nos galardóns, organizados polo Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>
|
Páxina 90 de 1000 |