O Concello de Verín colabora con Gadis na campaña ‘Versos na rúa’ destinada a visibilizar autores galegos ilustres |
|
|
|
Luns, 16 Maio 2022 09:23 |
Supermercados Gadis é a responsable dos versos que, dende o pasado mes de abril, comezaron a aparecer escritos en 220 pasos de peóns, muros e fachadas de 50 edificios de diversas localidades galegas, entre as que se encontra Verín. O seu obxectivo foi poñer o foco na cultura galega sumando unha nova acción, ao fío do Día das Letras Galegas, levantando a expectación e espertado o interese dos veciños, que se atopaban nas rúas das súas vilas con esta acción sorpresa. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín aproba a OPE extraordinaria para estabilizar o emprego laboral temporal de longa duración |
|
|
|
Venres, 13 Maio 2022 12:52 |
O Concello celebrou esta mañá a Mesa Xeral de Negociación para aprobar a Oferta de Emprego Público extraordinaria, en aplicación da Lei 20/2021 de medidas urxentes para redución da temporalidade no emprego. Grazas ao acordo aprobado hoxe na casa do concello, entre o Concello e os sindicatos participantes (CIG, CCOO e CSIF), todos aqueles postos ocupados por traballadores temporais que reúnan os requisitos esixidos pola lei van adquirir ben mediante un sistema de méritos ou ben por concurso-oposición a súa praza fixa. |
Ler máis...
|
Verín albergará un dos maiores museos dedicados á música e á cultura folk de toda Europa |
|
|
|
Venres, 13 Maio 2022 12:07 |
Verín está a piques de converterse nun referente internacional da música tradicional do Arco Atlántico europeo, así como da cultura e da difusión do folclore europeo. O Concello prepara a exposición permanente da que posiblemente é a colección privada máis importante de gaitas do mundo, xunto con importante documentación, fondos sonoros e manifestacións artísticas relacionadas, que servirán para crear o Museo Internacional da Gaita. |
Ler máis...
|
A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, beneficiará dun proxecto Erasmus+ sobre dixitalización para pemes |
|
|
|
Martes, 10 Maio 2022 11:54 |
Un proxecto ERASMUS+, programa da Comisión Europea, recentemente aprobado pola Axencia Nacional Portuguesa Erasmus+ Educación e Formación, foi adxudicado a Eurocidade Chaves-Verín, AECT, no ámbito da mocidade e a transformación dixital: Novos Embaixadores Dixitais das pemes (Dixital Youth Ambassadors for SMEs). |
Ler máis...
|
Gisela, a voz de Disney en España, actuará o 21 de maio en Verín |
|
|
|
Martes, 10 Maio 2022 10:24 |
O vindeiro día 21 de maio, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a actuación de Gisela, a voz de Disney en España. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Final >>
|
Páxina 99 de 1000 |