Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A Escola de Verán 2022 "Convive en Igualdade" abre o seu prazo de inscrición PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Maio 2022 10:05

 Dende a área de Mocidade do Concello de Verín organízase o programa deportivo "Escola de Verán 2022" (Convive en Igualdade) e infórmase que a partir do vindeiro luns, 30 de maio, ábrese o  prazo de inscrición formal. A Escola de Verán é unha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumpre a súa 23ª edición e que está ideada para nenos e nenas nados entre o 2008 e o 2018.

Ler máis...
 
A Biblioteca de Verín renderá unha homenaxe ao escritor Domingo Villar nas IV Xornadas de Novela Negra PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Maio 2022 08:54

 Os vindeiros 3 e 4 de xuño, a Biblioteca de Verín celebrará as IV Xornadas de Novela Negra “Personaxes de Novela”, evento no cal participarán escritores e escritoras de primeiro nivel como Arantza Portabales, Xaquín F. Leiceaga e Alejandro Corral; así como un elenco de profesionais, que normalmente aparecen nas novelas deste xénero literario, como o ex Comisario de Vilagarcía, Enrique León, o Comandante da Garda Civil Secc. Homicidios da U.C.O., Víctor Souto, dous médicos forenses Iria del Río e Fernando Serrulla, un xornalista Rafa Cid, director do Centro Territorial de RTVE Galicia, e o Xuíz Vázquez Taín (coordinador e director do evento).

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” 2022 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Maio 2022 11:37

 Mañá xoves 26 de maio o Concello de Verín  abre o prazo de inscrición da ludoteca de verán “ Convive en Igualdade”, actividade destinada a menores de 3 a 10 anos, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para o Campamento urbano “Támega” - 2022 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Maio 2022 11:34

 Mañá xoves 26 de maio o Concello de Verín  abre o prazo de inscrición para o Campamento Urbano “Támega” actividade destinada a menores de 11 a 14 anos, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Ler máis...
 
O goberno municipal de Verín inicia os trámites para a recuperación do Servizo de Augas ante o risco de dano ambiental por saturación da depuradora PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Maio 2022 12:54

 Salvagardar a integridade medioambiental do tramo alto do Támega. Este é o argumento con que o Goberno municipal de Verín iniciou hoxe o procedemento para a recuperación do Servizo Municipal de Augas, ante os indicios «certos e medibles» de que se non intervén podería rexistrarse un dano ecolóxico para o ecosistema da comarca. O Consistorio cree, ademais, que este é o momento preciso de plantexar un proxecto de renovación da rede de saneamento e abastecemento de Verín, a conta de fondos europeos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Final >>

Páxina 97 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>