Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Música, unha concentración de motos con sesión vermú e a proxección dun documental sobre o horror nazi centran a axenda de hoxe do FIC Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 03 Setembro 2022 08:34

 A axenda deste sábado do Festival Internacional de Curtas de Verín estivo centrada en actividades de diverso tipo, entre as que salientaron as actuacións musicais, unha concentración de motos con sesión vermú no Espazo Roombo do exterior do Auditorio e a proxección do documental Mauthausen, regreso ao campo da morte. Un traballo de case 25 minutos de duración dirixido e guionizado hai máis de tres décadas polo xornalista e historiador galego Manolo Torrente.

Ler máis...
 
O Galician Freaky Film Festival e o FIC Vía XIV estreitan lazos de colaboración no Auditorio de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Setembro 2022 08:33

O Galician Freaky Film Festival é o festival convidado polo FIC Vía XIV de Verín nesta sétima edición do certame. O festival vigués naceu hai seis anos como unha mostra de pezas de xénero underground, de vangarda e fantásticas feitas en Galicia. Trátase da cita definitiva do cinema e a cultura freak: un festival que amosa unha coidada selección de pezas audiovisuais que moitas veces se ven privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con estreas nacionais, internacionais e mundiais.

Ler máis...
 
O Entroido marca un ano máis a axenda do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Setembro 2022 08:31

O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, acolleu esta tarde a actividade paralela Entroido: outras miradas. Ao igual que en anos anteriores, a temática do Entroido é un dos piares fundamentais da programación paralela do FIC e, nesta ocasión, faino a través de narrativas menos convencionais.

Ler máis...
 
Os cativos e cativas de Verín e comarca entran en contacto co cinema a través dunha actividade dirixida pola narradora oral Raquel Queizás PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Setembro 2022 08:28

Logo de dous anos de parón por mor da pandemia, o FIC Vía XIV volveu programar nesta edición actividades para os máis pequenos e pequenas da man da narradora oral Raquel Queizás. Así, esta mañá o Auditorio de Verín recibiu a visita de aproximadamente douscentos cativos e cativas procedentes de Verín e comarca para desfrutar en directo dalgunhas curtas especialmente programadas para eles e entrar en contacto co cinema e cos valores que éste transmite.

Ler máis...
 
Verín organiza unha andaina nocturna ata Os Milagros PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Agosto 2022 11:38

O Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas preparan unha andaina para a vindeira noite do 3 ao 4 de setembro.

Os camiñantes chegarán ata o Santuario dos Milagros subindo o alto das Estivadas. O percorrido sairá desde a Casa do Escudo ás 21:00 horas, confirmaron o concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a responsable da Asociación de sendeiristas, Amaya Álvarez.

A andaina ten un prezo de 5 € e para a volta habilitarase un autobús con prazas limitadas. Pola seguridade dos camiñantes, será conveniente levar un chaleco reflectante e unha lanterna. Todos os participantes terán de agasallo unha camiseta de recordo ademais das provisións e dos servizos necesarios durante o camiño.


Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>

Páxina 83 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>